TAREFA 2: Glosario de cidades
Requisitos do completado
Imos facer un glosario de cidades do mundo indicando:
- Nome da cidade
- País onde se ubica
- Número de habitantes e ano do dato entre parénteses.
- Relevancia da cidade: Se é unha capital, se hai algunha institución nesa cidade...
- Funcións da cidade
- Edificios máis representativos.
- Problemática urbanística e planes de desenvolvemento.
- A cidade do futuro.
>> Engade unha imaxe ou máis imaxes representativas da cidade de 200 px de lado.
>> Pon o teu nome e apelidos.
Cada cidade que cumpra todos os requisitos recibirá un punto. Podes facer como máximo 4 cidades sempre e cando non se repitan.
Non se valorarán as tarefas que non estean en galego nin as que teñan faltas de ortografía ou non respecten os topónimos.
Prazo de entrega ata o 18 de xaneiro ás 23:00 horas.