No tema anterior vimos cales eran os nosos conceptos previos sobre que é un proxecto e que é unha horta escolar.
Neste tema imos ver definicións, imos estudar que nos propón a Consellería de Educación como xeito de traballo por proxectos, e que consecuencias ten para a horta escolar.
- Definicións.
- En galego. http://academia.gal/dicionario?p_p_id=dictionarynormalsearch_WAR_BUSCARAGFrontendportlet&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_dictionarynormalsearch_WAR_BUSCARAGFrontendportlet_miniSearchNoun=proxecto
- En Castelán. http://dle.rae.es/?id=UV6hPaS
- En galego. http://academia.gal/dicionario?p_p_id=dictionarynormalsearch_WAR_BUSCARAGFrontendportlet&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_dictionarynormalsearch_WAR_BUSCARAGFrontendportlet_miniSearchNoun=proxecto
- Proposta da Consellería de Educación. https://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/9002463-Proxectos_Web.pdf
“...Abandónase o propósito de darlle ao alumnado o dominio do coñecemento en toda a orde dos estudos; hai que poñelo en condicións para adquirir o coñecemento cando faga falta.”
Rosa Sensat
-
O traballo por proxectos e a súa contribución á consecución das competencias básicas
Cales son as competencias clave:
Comunicación lingüística (CCL).
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).
Competencia dixital (CD).
Aprender a aprender (CAA).
Competencias sociais e cívicas (CSC).
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
Conciencia e expresións culturais (CCEC).
Competencia, segundo Chomsky, “é a capacidade de actuar eficazmente nun contexto”.
O decreto de secundaria di o seguinte: “as competencias clave son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e o seu desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a
inclusión social e o emprego”
A introdución nos currículos das competencias básicas implica no traballo de aula unha nova maneira de definir as intencións educativas e incorpora elementos como:
A importancia da funcionalidade (usar o coñecemento para actuar sobre a realidade).
A necesidade da integración dos diferentes contidos, materias, áreas.
A relevancia da xeneralización, da utilización dos saberes en diferentes contextos.
Polo tanto as competencias implican eficacia, dinamismo, actividade, mobilización, globalización e integración.
“As situacións de aprendizaxe deseñadas para o seu desenvolvemento deberán incorporar tarefas que contextualicen as aprendizaxes e que permitan avanzar en máis dunha competencia ao mesmo tempo. O enfoque metodolóxico deberá sustentarse nas referidas situacións de aprendizaxe, coa finalidade de que os contidos se convertan en coñecementos aplicables con eficacia.”
Proxecto: substantivo masculino
1 Idea de algo que se pensa realizar e de como se pensa realizar. Plan. Intención.
2 Conxunto dos planos e as explicacións relativas a cálculos, orzamentos etc., dunha obra.
Traballar por proxectos supón que:
-
o que se vai aprender lle interese ao alumnado porque se parte das súas necesidades,
-
a información obtida resolva un conflito ou problema do seu contorno,
-
o alumnado se enfronte a problemas verdadeiros e a temas reais e cotiáns, que o mobilicen e que lle propoñan retos que lle importen,
-
o tratamento, análise e interiorización do aprendido se realice dende distintos puntos de vista, aceptando o carácter poliédrico dos saberes, pero sen esquecer a súa visión de conxunto,
-
a transmisión e aprendizaxe dos coñecementos deixen de ser pechadas, segregadas,
-
o aprendido en contextos non formais poida ser incorporado,
-
a avaliación teña sentido, sexa formativa e guíe o proceso de aprendizaxe-ensino (a avaliación non é só tarefa e responsabilidade do profesorado, o alumnado ten un papel importante na regulación do seu propio proceso),
-
o traballo da aula se converta nunha acción colectiva planificada e organizada conxuntamente polo grupo, inducindo a que todas as rapazas e todos os rapaces poidan implicarse activamente nas tarefas en función dos seus intereses e da diversidade; recoñecendo a importancia do grupo e a propia valía,
-
as nenas e os nenos descubran certas prácticas sociais relacionadas coa cooperación (saber escoitar, negociar compromisos, tomar decisións...), o respecto cara a outras opcións, ofrecer e solicitar axuda ou escribir plans,
-
se ofrezan ocasións para controlar o proceso, valorar os logros, medrar na aprendizaxe partindo do que se sabe, co cal as novas aprendizaxes se integran na estrutura cognitiva do alumnado porque se tenta conectar sempre cos coñecementos e ideas previas que xa posúe
-
se manexe con éxito a información (seleccionando fontes, recollendo información, ordenándoa, catalogándoa, estruturándoa, interpretándoa, axuizándoa e comunicándoa)
-
se estimule a práctica reflexiva e crítica, e se realice, ao mesmo tempo, unha aprendizaxe por experiencia, que se aprenda facendo.
PROXECTOS
Aprender a xestionar
Planificar
Responsabilizarse
Organizar
Decidir
Coordinar
Facer
Destrezas a mobilizar:
-
Actuar e desenvolverse en grupo atopando fórmulas de cooperación coas demais persoas implicadas no proxecto.
-
Asumir as responsabilidades e roles que lle correspondan no grupo e nas diferentes actividades e tarefas.
-
Establecer relacións entre feitos do seu contorno, entre aprendizaxes formais e non formais, entre o aprendido en distintas áreas ou materias dos currículos.
-
Intercambiar, producir, debater e contrastar mensaxes.
-
Desenvolver a creatividade e a imaxinación.
-
Identificar e resolver problemas partindo da súa experiencia e posibilidades.
-
Usar os recursos ao seu alcance para resolver as dúbidas e interrogantes que lle xurdan.
-
Tomar decisións e compartilas. Coordinar a propia actuación coa do resto do grupo.
-
Anticipar e planificar.
-
Ser consciente da propia aprendizaxe.
-
Levar a cabo tarefas de busca e procesamento, previa estruturación, da información.
Estes son os pasos dun proxecto globalizado
Que sabemos?
Que queremos saber?
Onde buscamos?
Que facemos coa información?
Que aprendemos?
Que categorías?
Guión
Como nos organizamos?
Que outras cousas poderiamos facer?
Como mellorar?
Como podemos ver, o proxecto globalizado céntrase no proceso cognitivo.
No noso proxecto deberiamos empezar por:
Que temos?
Que queremos facer?
Que sabemos sobre iso que queremos facer?
Como nos organizamos?
Que aprendemos?
Neste esquema indícanse os pasos básicos do desenvolvemento dun proxecto interdisciplinario:
-
Cando xa se ten decidido o tema/o tópico/ do proxecto, decisión que ten lugar na fase de preparación ou inicial, iníciase a fase de desenvolvemento do proxecto na que poñemos en común o que sabemos, é dicir, compartimos as nosas concepcións, as nosas ideas, os nosos saberes sobre a temática que se vai traballar.
-
O grupo establece relacións entre as súas concepcións previas e as materias/disciplinas/áreas implicadas.
-
O debate de ideas previas amplíase posteriormente en cada disciplina/área/materia.
-
Este estudo de concepcións previas fará que nos decatemos das necesidades de aprendizaxe que se concretarán en cada ámbito no que queremos saber (e que se poderá recoller nun guión de todas as materias/disciplinas/áreas conxunto e elaborado por consenso).
-
Decidimos que para acometer esas aprendizaxes precisamos buscar información, polo que debatemos sobre as fontes máis adecuadas para cada caso/área/materia/disciplina, a organización necesaria e as técnicas para obter a información.
-
Recollida a información, acordamos que facer con ela. Selecciónase, clasifícase, valórase, contrástase, compárase., esquematízase e comunícase, ofrecendo diferentes canles para cada unha destas opcións.
-
Prepárase a síntese interdisciplinaria, obsérvase se a información obtida é suficiente segundo o obxectivo proposto nas primeiras fases. De ser así, coa aprendizaxe realizada xa estamos en condicións de elaborar, resolver o problema, contestar á pregunta... (segundo cal fose o punto de partida do proxecto).
-
Na fase final, valórase a aprendizaxe realizada (que aprendemos), dende o punto de vista de cada área/materia/disciplina e dende un punto de vista integrado. Elabóranse propostas de mellora de cara á realización doutros proxectos.
Os proxectos interdisciplinarios promoven a integración de diferentes disciplinas/áreas/ materias tanto curriculares como extracurriculares, danse nun contorno de aprendizaxe colaborativo, de interdependencia, e fomentan as interaccións e responsabilidades individuais e de grupo.
Polo tanto, hai tres fases esenciais:
Fase de preparación.
Fase de desenvolvemento.
Fase de valoración/avaliación.
“Os proxectos son un xeito de entender a vida nun centro educativo, as relacións que nel
se dan, as formas de resolución de conflitos, o lugar que teñen os intereses do alumnado,
a concepción do currículo como algo en construción... Dende esta idea cada proxecto é
un percorrido único e non tanto un método con pasos prefixados e inflexibles.”
ESTUDO DE CONCEPCIÓNS PREVIAS.
TÉCNICAS, INSTRUMENTOS E XESTIÓN
Cada persoa desenvolve unha serie de conceptos, ideas, crenzas e actitudes que lle permitirán explicar e coñecer o seu contorno, a realidade. Son construcións persoais arraigadas por un criterio de utilidade non polo rigor científico. Estas concepcións poden ser un punto de partida para a construción de novos coñecementos.
O estudo das ideas e coñecementos previos vainos pór na necesidade de pensar, expresar e comunicar as nosas experiencias, crenzas e valores, así como de facernos máis consciente cal é o
punto de partida, das diferenzas coas demais persoas, das contradicións, dúbidas, lagoas, erros propios e dos distintos puntos do grupo.
Técnicas a aplicar na aula.
-
Remuíño de ideas sobre o tema.
-
Fotoproblema mural ou problema en imaxes: varias imaxes relacionadas co tema que o alumando debe enlazar, ordenar ou historiar.
-
Enquisa ao resto de compañeiras e compañeiros: e ti que opinas sobre este tema?
-
A lámina tramposa: presentación dunha lámina con aspectos gráficos incompletos, incorrectos ou fóra de lugar. O alumnado localizaraos e xustificará as súas opinións.
-
O texto ou o debuxo erro: un pequeno texto ou debuxo relacionado co tema no que se inclúen frases erróneas ou detalles sobre os que o alumnado debe, previa identificación, razoar a súa inclusión ou exclusión.
-
Mapas conceptuais: a través dos cales representará con debuxos ou palabras as relacións entre conceptos.
-
Debate sobre unha situación ou feito cos que o alumnado tentará explicar/argumentar as súas opinións e crenzas.
-
Discusión de dilemas: presentarlle ao alumnado situacións antagónicas como solucións a un problema para que se discuta cal é a mellor, co que tomarán conciencia e farán explícitos valores e opinións.
-
O bingo das palabras: a clase, dividida en grupos, tentará adiviñar as palabras dunha tarxeta (palabras que estarán relacionadas co tema do proxecto) para o cal mencionará todos os conceptos que crea que se relacionen xustificándoo.
-
Debuxo sobre...: o alumnado fará un debuxo co que cre que representa mellor a idea. Despois recolleranse as explicacións.
-
O bago das ideas: o alumnado por parellas falará do tema e chegará a conclusións, estas parellas uniranse en grupos de catro e volverán debater a cuestión, estes grupos uniranse e así sucesivamente. Recolleranse as conclusións finais e os datos e observacións xurdidas.
-
Dramatización: o alumnado representará unha “obriña” inventada que crea que explica/ilustra o concepto de partida.
-
A rede de ideas: o alumnado confeccionará individualmente ou en grupos pequenos redescon palabras que crean que se relacionan co tema do proxecto, explicando esas relacións.
Os obxectivos que perseguimos con estas técnicas son:
-
Recoller a información que ten cada membro do grupo.
-
Compartir os coñecementos.
-
Tomar conciencia das súas concepcións, das limitacións que ten, do seu poder explicativo.
-
Organizar, anotar e recoller estas concepcións que servirán de lembranza do punto de partida.
-
- Consecuencias para o proxecto da nosa horta.