Tarefa 3: Constrúe a túa propia cidade
Requisitos do completado
Abertas: luns, 16 de xaneiro de 2023, 12:00 AM
Pendente: martes, 20 de xuño de 2023, 9:57 AM
Como é a cidade dos teus soños? Neste constructor de balde poderás construila, colocando as zonas residenciais, comerciais e industriais e engadindo os elementos básicos dunha cidade: goberno, educación, seguridade...
Neste enlace podes edificala. Non necesitas rexistrarte.
Cando teñas a túa cidade rematada, fai unha captura de pantalla do plano e da vista en 3D e pégaas nun documento dun procesador de textos (1 punto segundo a distribución). Ten en conta que a cidade non se garda.
A continuación explica nese documento (1 punto por cada resposta):
- Que criterios seguiches para distribuir as zonas residenciais, comerciais e industriais.
- Cales foron as maiores dificultades que tiveches.
- Esta é unha cidade de "xoguete" na que faltan moitos elementos. Que botas ti en falta e onde o colocarías?
-->Envía o documento coa captura de pantalla do xogo e as respostas ata o 1 de febreiro de 2023 ás 23 h.
Ten en conta que non se puntuarán capturas de pantalla sen explicacións