Ir ao contido principal
Inicio
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
Inicio
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 1SOC 22/23
  3. 1. Os climas de España e a paisaxe agraria
  4. TAREFA 2: A PAISAXE RURAL GALEGA

TAREFA 2: A PAISAXE RURAL GALEGA

Requisitos do completado
Abertas: mércores, 19 de outubro de 2022, 12:00 AM
Pendente: venres, 11 de novembro de 2022, 11:55 PM

A paisaxe rural galega, como en xeral calquera paisaxe europea, é froito de milenarios cambios que foron transformando un medio orixinalmente virxe. A nosa natureza foi lentamente acondicionada por campesiños , gandeiros, artesáns e construtores.

A paisaxe agraria galega caracterízase pola diversidade de usos que se da ao campo e pola escasa dimensión do parcelario tradicional. Na nosa paisaxe xunto cas vivendas e pequenas aldeas atopamos os tres elementos básicos de explotación do medio: o campo cultivado, os pastos e o monte.

O campo cultivado é o espazo máis coidado posto que se trata do terreo mais produtivo, e normalmente ocupa a parte baixa dos vales, onde as terras son máis fértiles e profundas. No outro extremo, atoparíase o monte, o espazo non cultivado, obxecto só de aproveitamentos extractivos e menos coidado, e que normalmente estendese cara ás partes altas dos vales e as montañas, e dedícase a madeira ou a gandeiría en liberdade.

O contacto destas superficies: o campo cultivado, os pastos e o montes, amósase inconstante na nosa paisaxe e varía coas distintas necesidades o longo do tempo.


>>Busca imaxes en internet que sexan representativas da paisaxe rural galega:

  • Campos abertos ou pechados.
  • Sistemas de cultivo.
  • Aproveitamento da auga.
  • Agricultura intensiva ou extensiva.
  • Agricultura de alta ou baixa produtividade.
  • Cultivo en zonas montañosas ou en canóns: as terrazas.
Con todas as imaxes, elabora un documento onde se recolla a situación da paisaxe rural de Galicia.

>>DATA DE ENTREGA: 11 de novembro de 2022 ás 23 h.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle