Opciones de matriculación

Este curso está pensado para ser utilizado como unha plataforma de colaboración, onde os profesores de segundo curso responsables do "Proxecto Intermodular" e os alumnos implicados no devandito proxecto, poidan ter un espacio de intercambio de información.

Neste proxecto levarase a cabo o deseño e a implantación dunha instalación de rede de datos, coa súa correspondente parte eléctrica, nunha oficina situada nun lugar á elección do alumnado. O plano para a oficina de traballo será o seguinte:

As especificacións para o traballo foron dadas no arranque do proxecto e tamén durante as sesións de seguimento realizadas cada dúas semanas. O documento deberá ter os seguintes apartados:

  • Portada.
  • Índice.
  • Obxectivo do proxecto.
  • Normativa.
  • Descrición da instalación.
  • Dimensionado.
  • Codificación.
  • Listaxe do material.
  • Orzamento.
  • Prego de condicións.
  • Planos.
  • ANEXO I - Estudo básico sobre seguridade e saúde.
  • ANEXO II - Palabras claves (key words).
  • Referencias

DATAS DE ENTREGA E AVALIACIÓN

Nos próximos días especificarase a data de entrega do proxecto e a data das exposicións orais.

RÚBRICA DE AVALIACIÓN

Nos próximos días indicaranse os criterios de avaliación, tanto para a parte escrita como para a parte oral.

Los invitados no pueden entrar a este curso. Por favor acceda con sus datos.