A batalla das Navas de Tolosa constituíu a lide campal máis importante de toda a Reconquista. E, tamén, o acontecemento crucial do medievo hispano, cambiou o signo da contenda iniciada en Covadonga, aínda que se prolongaría case tres séculos ata a toma de Granada polos Reis Católicos, en 1492.
Todo empezou co descubrimento de sepulcro do Apóstolo Santiago no primeiro terzo do século IX. Isto impulsou a moitos cristiáns para peregrinar ata Compostela. Para iso era necesaria a construción dunha igrexa que permitise, por unha banda gardar a sacra tumba do santo, por outro custodiar e honrar as súas reliquias e a dos seus discípulos Teodoro e Atanasio, e por último acoller unha gran cantidade de peregrinos chegados dos reinos peninsulares e do resto de Europa. Os seus artífices pretendían converter Compostela nun lugar de referencia no relixioso e no artístico, como Roma ou Xerusalén.