Benvidos e benvidas! 

Neste espazo virtual atoparedes os materiais, recursos e actividades que vos acompañarán ao longo do curso.

Afondaremos no coñecemento da lingua galega, na súa historia e na súa realidade sociolingüística, así como no estudo da literatura galega, prestando especial atención aos autores, autoras e movementos literarios máis relevantes.

Traballaremos a comprensión e a expresión oral e escrita, a análise e o comentario de textos, a reflexión lingüística e o desenvolvemento do pensamento crítico. Asemade, este espazo servirá de apoio para reforzar os contidos traballados na aula, resolver dúbidas e preparar as probas de avaliación e as PAU.

O noso obxectivo será aprender, reflexionar e valorar a lingua e a literatura galegas como parte fundamental do noso patrimonio cultural.

Bo curso e moito ánimo nesta etapa final do Bacharelato!