
Aquí podes atopar o material preciso para preparar o(s) exame(s) de pendentes.
Como se aproba a materia pendente? Terás que facer os boletíns de exercicios relativos ao ano anterior e que están separados en dous bloques. Cada bloque corresponde con cada un dos exames de pendentes.
Se queres podes entregar as correccións dos boletíns ao profesor da materia pero non se valorarán á hora de poñer a nota final. A nota final virá determinada pola nota que obteñas nos exames.
En cada trimestre informarase nas notas da avaliación do progreso da materia pendente poñendo as notas pertinentes: no primeiro trimestre a nota coincidirá coa nota do teu curso actual na materia de Matemáticas, no segundo trimestre informarase da nota obtida no exame de febreiro e no terceiro trimestre informarase, ben da nota media dos exames se os tes aprobados, ou ben da nota do segundo exame se non aprobaches o primeiro exame. De calquera forma, a nota final de pendentes coincidirá coa nota obtida no terceiro trimestre.
As datas de pendentes serán informadas pertinentemente ou ben en persoa ou ben a través da aula virtual, na sección Anuncios.
- Teacher: Juan José Domínguez Rojo
- Teacher: Alicia Romero Pernas
- Teacher: Rodrigo Rúa Abad