Aquí podes atopar o material preciso para preparar o(s) exame(s) de pendentes.

Como se aproba a materia pendente? Terás que facer os boletíns de exercicios (exames do ano anterior) e posteriormente facer o exame da materia que será realizado no mes de febreiro. O exame versará da totalidade da materia e, se non o pasas, terás outra oportunidade no mes de marzo/abril. 

Se queres podes entregar a correccións dos boletíns ao profesor da materia pero non se valorarán á hora de poñer a nota final. A nota final virá determinada pola nota que obteñas no exame.

En cada trimestre informarase nas notas da avaliación do progreso da materia pendente poñendo as notas pertinentes: no primeiro trimestre a nota coincidirá coa nota do teu curso actual na materia de Matemáticas, no segundo trimestre informarase da nota obtida no exame de febreiro e no terceiro trimestre informarase, ben da nota do primeiro exame se o tes aprobado, ou ben da nota do segundo exame se no aprobaches o primeiro exame. De calquera forma, a nota final de pendentes coincidirá, única e exclusivamente, coa maior das notas obtidas no(s) exame(s).

As datas de pendentes serán informadas pertinentemente ou ben en persoa ou ben a través da aula virtual, na sección Anuncios.