No marco do proxecto ABALAR os portátiles de aula e os ultraportátiles de alumnos distribúense cunha maqueta (sistema operativo + aplicacións instaladas) plenamente funcional e con administración centralizada.

Esta situación presenta as seguintes vantaxes:

  • Uniformidade da maqueta en todas as aulas.
  • Posibilidade de dispor da mesma maqueta en todo o equipamento corporativo. A imaxe desta maqueta está dispoñible na Aula Aberta ABALAR , baixo o epígrafe Abalar Libre (Imaxe do SO e documentación para a súa instalación). Tamén está dispoñible no seguinte ítem correspondente a este mesmo tema (Imaxe Abalar Libre).
  • Esta situación presenta as seguintes vantaxes adicionais:
    • Desaparición da problemática das licencias para os sistemas operativos e aplicacións ao tratarse de software libre e gratuíto.
    • Eliminación dos problemas causados por virus informáticos e malware de Windows.
    • Maior robustez do sistema operativo, o que facilita o seu mantemento.
Last modified: Tuesday, 20 December 2016, 12:54 PM