Xustificación do Proxecto ABALAR
Requisitos do completado
No marco do proxecto ABALAR os portátiles de aula e os ultraportátiles de alumnos distribúense cunha maqueta (sistema operativo + aplicacións instaladas) plenamente funcional e con administración centralizada.
Esta situación presenta as seguintes vantaxes:
- Uniformidade da maqueta en todas as aulas.
- Posibilidade de dispor da mesma maqueta en todo o equipamento corporativo. A imaxe desta maqueta está dispoñible na Aula Aberta ABALAR , baixo o epígrafe Abalar Libre (Imaxe do SO e documentación para a súa instalación). Tamén está dispoñible no seguinte ítem correspondente a este mesmo tema (Imaxe Abalar Libre).
- Esta situación presenta as seguintes vantaxes adicionais:
- Desaparición da problemática das licencias para os sistemas operativos e aplicacións ao tratarse de software libre e gratuíto.
- Eliminación dos problemas causados por virus informáticos e malware de Windows.
- Maior robustez do sistema operativo, o que facilita o seu mantemento.
Última modificación: martes, 20 de decembro de 2016, 12:54 PM