Suxestión temporalización
HISTORIA DE ESPAÑA
Alumnado de 2º de Bacharelato B e C:
Como sabedes perfectamente, estes días non son de vacacións e tedes que traballar para superar o curso e a ABAU. O libro de referencia que estamos a usar para o século XX é o de Baía, do que xa subín os apartados correspondentes en formato pdf á Aula Virtual.
A continuación fágovos unha suxerencia do ritmo que deberiades seguir mentres dure o estado de alarma (indicarei por sesión e non por día de semana xa que non coinciden os días nos 2 grupos. Son 3 sesións por semana: 2º BAC B > 1ª=luns, 2ª=martes e 3ª=xoves; 2º BAC C > 1ª=martes, 2ª=mércores e 3ª=venres). Inclúo o que xa debería estar mirado na semana do 16 ao 20, por se alguén se ter que poñer ao día.
Antes de que remate a semana en curso, do 23 ao 27, deberiades ter rematado cos contidos do Bloque X (tema 8 do libro de texto -páxs. 310 a 359-) que se corresponde coas cuestións : 16. O establecemento da II República (forzas políticas e constitución de 1931); 17. As grandes reformas da República; 18. A guerra civil: (sublevación, bandos en conflito e a súa dimensión internacional). Nesta mesma semana teriamos que comezar o Bloque XI (Tema 9 do libro - páxs. 360 a 403): 19. O franquismo: características e institucionalización; 20. O franquismo: as formas de oposición ao Réxime; 21. O franquismo: política económica
Semana 16 a 20:
-1ª sesión: 16. O establecemento da II República (forzas políticas e constitución de 1931).
a. Traballo sobre os apartados (páx. 312 a 318) 1.1 Proclamación da República; 1.2 As forzas sociais e políticas na República (importante cadro pax. 315) e 1.3 (a Constitución de 1931).
b. Ver documentos: 2. manifesto de Alfonso XIII; 3. Declaración do goberno provisional; 4. Resultados das eleccións a Cortes Constituíntes; 5. Debate sobre o voto feminino;6. e 7. Arts. da Constitución de 1931).
c. Responder as cuestións do libro 1 a 6.
-2ª sesión: 17. As grandes reformas da República.
a. Traballo sobre os apartados (páxs. 319 a 331) 1.3.b (O Goberno de Azaña e as grandes reformas da República; Dificultades do Goberno reformista; Reorganización das dereitas; Ruptura da coalición gubernamental) e o apartado 1.4 (O Bienio de Dereitas. Novembro 1933-febreiro 1936), este dun xeito moi resumido xa que o tema son as grandes reformas, polo que hai que centrarse na política rectificadora ou revisionista das mesmas por parte do goberno radical-cedista que provoca a radicalización do movemento obreiro -revolución de outubro de 1934- e, en resposta, forte represión e anulación das melloras sociais, o que incrementou a polarización política.
b. Ver documentos 10. As reformas militares; 12. Lei de bases da reforma agraria; 13. A reforma na educación; 14. Estatuto de Autonomía de Cataluña e 15. Sucesos de Casas Viejas.
c. Responder as cuestións do libro 7 a 12
Semana 23 a 27:
- 1ª sesión: 18. A guerra civil: (sublevación, bandos en conflito e a súa dimensión internacional)
a. Traballo sobre os apartados (páxs. 331-335; 339-346; 353-359) 1.5. A Fronte Popular. Feb-xullo de 1936; 1.5.c. A conspiración militar; Apartado 2. A Guerra Civil: 2.1. A sublevación militar e a formación dos bandos; 2.2. A internacionalización do conflito; 4. A España republicana e 5. A España sublevada).
b. Ver os documentos 27. Sospeitas e xustificación dun golpe de Estado; 30. Xustificación do alzamento; 35, 36 e 37 (internacionalización do conflito); 44. Diverxencias ideolóxicas nas forzas de esquerda e 47. Acceso de Franco ao mando supremo poĺítico e militar.
c. Responder as cuestións do libro 23, 24, 30, 31, 34, 38 e 41.
- 2ª sesión: 19. O franquismo: características e institucionalización.
a. Traballo sobre os apartados (páxs. 362 a 374) 1. Bases e apoios da ditadura; 1.1 a 1.10.
b. Ver os seguintes documentos: 1. As leis fundamentais; 2. Lei Orgánica do Estado; 5. Lei de sucesión; 7. Os principios do Movemento Nacional; 10. Foro do traballo; 12. Foro dos españois; 15. Lei das Cortes.
c. Responder as preguntas 1-13.
- 3ª sesión: 20. O franquismo: as formas de oposición ao Réxime
a. Traballo sobre os apartados (381-384; 389-393; 396-397; 402-403) 2.3. A represión dos vencidos; 3.2. Cambios sociais e forzas de oposición; 4.2. O incremento das forzas de oposición; 5.c Unha cultura limitada: entre a represión e a disidencia)
b. Ver os documentos 26. Oposición dos intelectuais ao franquismo; 28. Accións guerrilleiras en Galicia; 30. A muller na resistencia; 38. Os sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol; 39. IV Congreso do Movemento Europeo (1962); 42. Tácito. Liñas definitorias; 43. Propostas da Xunta democrática e da Plataforma de Converxencia.
c. Responder as preguntas 21, 23, 28, 29 e 34.