Tarefa_ Movemento Obreiro
VÍDEO 1. EXPLOTACIÓN LABORAL. PELÍCULA: DAENS (1992)
VÍDEO 1. EXPLOTACIÓN LABORAL. PELÍCULA: DAENS (1992)
a. PROLETARIADO:
- Que tipo de industria se representa na película? Que importancia tivo este sector para a revolución industrial?
- Quen representa a maior forza de traballo nesta fábrica? A que cres que se debe? Que consecuencias ten?
b. PATRONAL:
- Que demanda do goberno belga un dos propietarios das fábricas de Aalst?
- Cal é a resposta do goberno segundo explica un dos propietarios? O modelo de que país deben imitar? Como poderían reducir entón os custes de fabricación?
- Por que algúns dos propietarios consideran esta última medida perigosa para o seu negocio?
- En que consiste o “modelo escocés”? Por que algúns propietarios cren que é a mellor solución para reducir os custes empresariais? Que consecuencias tería para as traballadoras?
VÍDEO 2. MOVEMENTO OBREIRO. PELÍCULA: GERMINAL (1993)
Adaptación cinematográfica da obra de Émile Zola (1885)
- Que tres posturas ante unha posible folga están a debater os mineiros?
- Con que ideoloxías relacionarías cada unha delas?
- Por que un dos homes da taberna considera que a folga vai beneficiar aos empresarios?
- Cal é a Asociación Internacional da que están a falar? Cando foi creada? Tivo éxito?
- Imaxina que es un deses mineiros, estás de acordo con algunha desas propostas? Que farías si estiveras nesa situación? Xustifica a túa resposta.
Ligazón sobre a explotación infantil: