Composición. Cuestión 14
Composición histórica.
Os seguintes documentos deben permitirche facer unha redacción sobre a Guerra de Sucesión. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos aos factores explicativos do conflito, á súa dimensión internacional e ás consecuencias xeopolíticas.
Doc 1. Testamento de Carlos II, 3 de outubro de 1700
No nome da Santísima Trindade, [...]. Eu Don Carlos, pola graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Aragón, das dúas Sicilias, [...] achándome, como me acho, enfermo na cama, de enfermidade que o noso Señor foi servido de darme, por tanto fago o meu Testamento, ordeno, e declaro a miña última vontade por esta Escritura, estando no meu libre, e san xuízo [...]
13. E recoñecendo [...] que a razón en que se funda a Renuncia da Señoras Dona Ana, e Dona María Teresa, Raiñas de Francia, a miña Tia e irmá, á sucesión destes Reinos, foi evitar o prexuízo de unirse á Coroa de Francia; e recoñecendo, que vindo a cesar este motivo fundamental, subsiste o dereito da sucesión no Parente máis inmediato, conforme ás Leis destes reinos, e que hoxe se verifica este caso no Fillo segundo do Delphin de Francia: por tanto, arranxándome ás ditas Leis, declaro ser o meu sucesor (en caso que Deus me leve sen dexar fillos) o Duque de Anjou, Fillo segundo do Delphin, e como a tal chámolle á sucesion de todos os meus Reinos, e Dominios, sen excepción de ningunha parte deles; [...] E porque é a miña intención, e convén así á paz da Cristiandade, e da Europa toda, e a tranquilidade destes meus Reinos, que se manteña sempre desunida esta Monarquía da Coroa de Francia; [...] e en tal modo é a miña vontade que se execute por todos os meus vasalos, como llo mando, e convén á súa mesma saúde, sen que permitan a menor desmembración, e menoscabo da Monarquía, fundada con tanta gloria dos meus Proxenitores. E porque desexo vivamente, que se conserve a paz, e unión, que tanto importa á Cristiandade entre o Emperador o meu Tío, e o Rey Cristianísimo, pídolles, e exhorto, que estreitando dita unión co vínculo do Matrimonio do Duque de Anjou coa Arquiduquesa, logre por este medio Europa o acougo que necesita.
Doc. 2
Doc. 3 Algúns artigos do Tratado de Utrecht, 1713
X. O Rei Católico cédelle á Coroa da Gran Bretaña a propiedade da cidade e Castelo de Xibraltar...
XI. O Rei Católico cédelle tamén á Coroa da Gran Bretaña a illa de Menorca, porto, cidade e fortaleza de Porto Mahón...
XII. O Rei Católico dá e concede á súa Maxestade británica e á compañía de vasalos seus formada para este fin a facultade para introducir negros en diversas partes dos dominios da súa Maxestade católica en América, que vulgarmente se chama o asento de negros, por espazo de trinta anos continuos.
Artigo adicional:
A súa Maxestade católica... foi servido de concederlle á compañía deste asento un navío de cincocentas toneladas en cada ano dos trinta prefinidos nel, para que poida comerciar ás Indias.
Doc. 4 Cesións territoriais da Monarquía Hispánica en Utrecht.