Redactar a biografía dun personaxe histórico
- Tarefa: elaborar unha breve biografía (en galego) dun destes personaxes (ten que incluír un retrato e un eixe cronolóxico):
Montesquieu; Voltaire; Rousseau; Quesnay; Adam Smith; Diderot; D'Alembert; Luis XV; Carlos III; Xosé I (Port); Catarina II; Xosé II (Austria); Federico II (Prusia); Felipe V; Fernando VI; Jovellanos; Campomanes; Floridablanca; Aranda; Padre Feijoo; frei Martiño Sarmiento; Fragonard; Watteau; Canaletto; Jacques Louis David; Antonio Canova; Juan de Villanueva; Anton Raphael Mengs; Madame Geoffrin; Isabel de Farnesio; Madame Necker.
Pautas para facer unha biografía dun personaxe histórico:
1. Seleccionar as fontes información: habitualmente traballaremos con fontes secundarias, o libro de texto, páxinas web... Temos que procurar que sexan fontes fiables, sitios oficiais de institucións educativas, museos... para iso temos que seleccionar varias e contrastalas.
2. Procesar a información: Mediante as técnicas habituais de procesamento e organización da información (subliñado, síntese, mapa conceptual...). Deberemos identificar as ideas principais, sintetizalas e redactalas.
3. Situar o personaxe no tempo e no espazo: debemos pescudar as datas de nacemento e morte, aspectos significativos das etapas da súa vida (infancia, adolescencia, vida adulta, madurez, senectude...), do século en que viviu e do período histórico ao que pertence. Tamén debemos pescudar en que país ou países transcorreu a súa vida (podemos consultar atlas históricos). Podemos acompañar a biografía cun eixe cronolóxico.
4. Buscar imaxes do personaxe: moedas, relevos, retratos, esculturas... Podemos coñecer moito sobre a súa vida e personalidade se analizamos ditas imaxes.
5. Determinar por que foi un personaxe importante: Existen moitas categorías de personaxes históricos: reis, líderes relixiosos, políticos, pensadores, artistas…Para comprender ao personaxe, debes contextualizalo na súa época, analizar as súas accións e preguntarte polas súas motivacións: por que fixo tal cousa? para que? achegou algunha idea nova ao mundo? que gañou con iso? realizou unha gran obra de arte? fracasou? tivo recoñecemento na súa época?
6. O obxectivo final é que sexamos capaces de comprender as motivacións e as inquietudes do personaxe histórico: así entenderemos as súas decisións históricas.
7. Relacionar o personaxe cos seus contemporáneos: por iso deberiamos responder a preguntas como: tivo inimigos? por que? quen foron os seus aliados?
8. Identificar as consecuencias das súas accións: Todo feito histórico desencadea unha serie de consecuencias que como estudantes de historia debemos aprender. Que consecuencias tivo a viaxe de Colón a América? Cales foron as consecuencias da doutrina racista de Hitler?
9. Determinar como vas redactar a biografía: Unha vez que reuniches a información e a analizaches, é a hora de poñerse ao choio. Podemos redactar a biografía de dúas maneiras: narrando a vida do personaxe en orde cronolóxica ou ben seleccionando tan só aqueles aspectos que nos resultaron de especial interese para o tema que estamos a estudar.
10. Valorar criticamente ao personaxe: trátase de realizar un comentario subxectivo no que podes expresar a túa opinión do personaxe histórico en función do contexto histórico no que lle tocou vivir.
11. Ser sintético: Unha boa biografía debe ser breve e sintética. É preferible unha biografía curta e elaborada persoalmente antes que un copy/paste de varias páxinas de Wikipedia.
12. Indicar a bibliografía ou webgrafía utilizada.
Ligazóns de páxinas web que podedes empregar:
https://www.biografiasyvidas.com/
https://www.buscabiografias.com/biografia/verMasBiosMasPopulares/
Esquema cos pasos a seguir:

A tarefa será avaliada coa seguinte rúbrica: