Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

P

Paz de Utrecht:

Tratados asinados en 1713 entre as potencias europeas (as monarquías española e francesa dunha banda, Gran Bretaña e as Provincias Unidas da outra) que puxo fin á  Guerra de Sucesión española. Filipe V foi recoñecido como  rei a cambio de renunciar, en nome propio e dos seus sucesores, aos seus dereitos sobre a coroa francesa.  A monarquía española foi obrigada a ceder os seus dominios europeos en prol de Austria (Flandres, Milán, Nápoles e Sardeña) e Savoia (Sicilia). Ademais, o Reino Unido veu recoñecidas as adquisicións territoriais obtidas durante o conflito (Gibraltar, Menorca) e recibiu  importantes concesións sobre o comercio americano (navío de permiso, asiento de negros​). Os acordos de Utrecht foron complementados por outros posteriores, entre os que destaca o ​Tratado de Rastatt​, subscrito en 1714 por Francia e Austria