Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

M

Motín de Esquilache.

Grave revolta popular ocorrida en Madrid en 1766. Como en  episodios semellantes acontecidos noutros puntos da  xeografía española durante este ano, a orixe do descontento relaciónase coa suba do prezo das subsistencias, a  oposición dos privilexiados ás reformas impulsadas polo  monarca e a reacción xenófoba contra a presenza de  ministros italianos, caso do mesmo ​Esquilache​ (Squillace). A oposición a unha orde deste, que prohibía o uso de capas longas e sombreiros de aba ancha na capital, foi o  detonante que fixo prender a protesta popular.