Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

A

Antigo Réxime:

Sistema económico, social e político dominante en Europa entre os ss. XVI e XVIII. Caracterizouse por unha economía de base agraria, a persistencia de estruturas feudais como o réxime señorial, a sociedade estamental e o predominio da monarquía absoluta como forma de goberno. Dende finais do século XVIII, estes trazos foron desaparecendo como consecuencia das mudanzas derivadas das revolucións liberais e do avance da industrialización.