Ir ao contido principal
AulaVirtual
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AulaVirtual
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. HªMC1BACH
  3. T8. A revolución rusa e a URSS
  4. A importancia da Revolución Rusa

A importancia da Revolución Rusa

Requisitos do completado
Abertas: venres, 7 de febreiro de 2020, 12:00 AM
Pendente: xoves, 27 de febreiro de 2020, 12:00 AM

Despois de ver este vídeo responde as cuestións que se formulan:

1. Que decisión adoptaron os partidos socialdemócratas europeos en 1914 respecto da I Guerra Mundial?

Fixo o mesmo o partido socialdemócrata ruso? Por que? En que dúas faccións estaba dividido?

2. Que doble poder resultou da revolución de febreiro de 1917? Que decisión adoptaron respecto das reformas que necesitaba o país?

3. Cal é a postura de Lenin cando regresa do exilio en Suíza en abril de 1917?

4. Que dúas fases eran necesarias, segundo Lenin, para a desaparición do Estado?

5. Que acontecemento obrigou a aprazar indefinidamente o triunfo definitivo da revolución socialista? Que supuxo para o novo estado soviético?

6. Que dúas fases se poden distinguir na loita dos dirixentes dos países capitalistas contra a revolución? Que feito determinou o paso dunha fase á outra? Cal era a súa maior preocupación?

7. A loita contrarrevolucionaria dos países capitalistas converteuse nun combate ideolóxico que afectaba a todo o mundo, segundo Josep Fontana. Como afectou a España no exemplo que el pon?

8. Ademais da represión que outra estratexia adoptaron os países capitalistas para combater o comunismo? Cando e por que esta estratexia alcanzou a súa máxima importancia?

9. Que lle debemos a esta estratexia creada para competir co comunismo?

10. Que dous mecanismos permitiron unha mellor redistribución dos beneficios da actividade económica?

11. Onde e cando resultou evidente que no campo do socialismo real non había intención de profundizar nas transformacións revolucionarias?

12. Por que se vai esvaecendo o medo ao comunismo? Quen deixará de ter pesadelos "revolucionarios" desde mediados dos 70?

13. En que consistiu a campaña que emprenderon os gobernos e empresarios dos países capitalistas a partir de entón? Cales foron os principais obxectivos?

14. Onde se iniciou este campaña e como se difundiu ao resto de Europa?

15. Cales foron os resultados?

16. Cal é, segundo Fontana, un dos fenómenos máis característicos do noso tempo?

17. A que se deben, segundo Fontana, os recortes na sanidade, a educación ou as pensións?

18. Cal é o resultado do desmantelamento do Estado de Benestar? Por que é preocupante?

19. Fontana cre que é necesario un cambio de orientación pero amósase escéptico. Por que?

20. Cal é o cambio que el considera imprescindible?

21. Resume a reflexión final de Fontana.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle