Composición tema histórico. Cuestión 5.
A partir dos seguintes documentos desenvolve o tema Os musulmáns na península ibérica (etapas políticas).
Doc. 1 O pacto de capitulación de Teodomiro ( abril 713).
" No nome de Alá, o misericordioso, o compasivo, este é o escrito de Abdal-Azziz ibn Musa para Tudmir ibn Gandaris, xa que se someteu á paz, que teña o pacto de Alá e a súa confirmación, e non se lle atrasen as súas noticias e os seus enviados; e que ten protección de Alá e do seu profeta de que non se lle impoñerá a ninguén sobre el, nin se rebaixará a ninguén dos seus compañeiros para mal, que non serán cativados, e que non se separará entre eles e as súas mulleres e os seus fillos; que non se queimarán as súas igrexas, e que non se lles forzará na súa relixión. E que a súa paz é sobre sete cidades: Auriola, Mula, Lorca, Palantala, Lacant, Iyih el Elx, e que non deixe de cumprir o pactado, e que non desfaga o acordado e que cumpra o que lle impuxemos e lle obrigamos a cumprir: que non nos oculte noticia que saiba, e que el e os seus compañeiros teñen o imposto das parias, parias que son: para o home libre un dinar, catro almudes de trigo, catro de cebada, catro medidas de vinagre, unha medida de mel e unha de aceite, e para todos os escravos a metade disto. Testemuñaron isto, Utman ibn Ubaida al-Qurasi, Habib ibn Abi Abi Ulbayda al-Qurasi (...) Escribiuse en rayab do ano 94"
Al-Udri. Siglo XI
Doc 2. Autoproclamación como califa de Abd-al-Rahman III (929).
No nome de Alá clemente e misericordioso. Bendiga Alá ao noso honrado profeta Mahoma. Os máis dignos de reivindicar enteiramente o seu dereito e os más merecedores de completar a súa fortuna e de revestirse das mercedes con que Alá altísimo os revestiu, somos nós, por canto Alá altísimo nos favoreceu con elo, mostrou a súa preferencia por nós, elevou a nosa autoridade ata este punto, permitiunos obtelo polo noso esforzo, nos facilitou logralo co noso goberno, estendeu a nosa fama polo mundo, enxalzou a nosa autoridade pola terras, fixo que a esperanza dos mundos estivese pendente de nós, dispuxo que os extraviados volveran a nós e que os nosos súbditos se compracían por verse baixo a sombra do noso goberno (todo elo pola vontade de Alá; louvado sexa Alá, outorgador dos beneficios, polo que nos outorgou, pois merece a máxima louva pola gracia que nos concedeu).
En consecuencia, decidimos que se nos chame co título de Príncipe dos Crentes, e que nas cartas, tanto as que expidamos como as que recibamos, se nos dea dito título, posto que todo o que o usa, fora de nós, apropiase del indebidamente, é un intruso nel, e se arroga unha denominación que non merece.
Unha crónica anónima de Abd-al-Rahmán III al-Nasir. Ibn Hayyan, AlMuqtabis. Chronique du regne du califa umaiyade Abd Allah à Cordove. París, 1937, p. 152-153.
Doc 3. A batalla das Navas de Tolosa (1212).
Ao oír Afonso que Al-Nasir tomara Salvaterra, dirixiuse contra el con todos os reis cristiáns que o acompañaban e cos seus exércitos. [...] os voluntarios saíronlle ao encontro e cargaron sobre eles en número de 160.000, pero desapareceron entre as filas dos cristiáns, que os cubriron e combateron terriblemente. [...] Cando os almohades, os árabes e os cábilas bérberes viron que os voluntarios foran exterminados, que os andalusís fuxían, que o combate recruaba contra os que quedaban, e que cada vez que os cristiáns eran máis numerosos, desbandáronse e abandonaron a Al-Nasir. [...] Ocorreu esta terrible calamidade o luns 15 de safar do 609 (16 de xullo de 1212), comenzou a decaer o poder dos musulmáns en al-Andalus, desde esta derrota, e non alcanzaron xa vitorias as súas bandeiras; o inimigo estendeuse por ela e apoderouse dos seus castelos e da maioría das súas terras. [...] non quedando en mans dos musulmáns senón moi pouco poder. Só lle impediu apoderarase do resto de botín a protección divina por medio da dinastía dos benimerines.
Ibn Abi Zar, Rawd al-Quirtas, narra a Batalla das Navas de Tolosa desde o punto de vista musulmán. Ed. de A. Huici Miranda, Valencia 1964.