Polos_Creativos_Kits_Singulares
Section outline
-
Enlace:https://formacion-cultura.xunta.gal/course/view.php?id=19
Neste set de actividades podemos atopar 4 novas propostas que inclúen a parte didáctica, as indicacións de montaxe e os modelos descargables para a súa réplica rápida nas aulas, e se é o caso, a súa adaptación. Proximamente incluiremos uns vídeos de apoio para as dúas primeiras.
- Actividade 1 - Redeiras por un día.
- Actividade 2 - Tecendo redes.
- Actividade 3 - A ciencia con ollada de muller.
- Actividade 4 - Elas debuxan círculos.
As dúas primeiras están centradas no traballo dun grupo de mulleres de Cedeira que reparan e preparan redes de pesca na Asociación O Peirao, focalizando nas técnicas artesanais de creación de mallas e redes con agullas, teares, etc.
Na terceira atopamos unha baralla formada por 28 ilustradoras científicas de todos os tempos incluíndo a actuais para desenvolver tres tipos de xogos de parellas.
Na cuarta temos unha proposta para facer minilibros para amosar a mulleres pintoras que basean o seu traballo na figura dun círculo.O equipo de POlos Creativos do CFR de Ourense reenvía este correo para comunicar que xa está aberto o novo espazo con materiais para conmemorar o Día das Letras Galegas nos Polos Creativos.
A nova lapela contén 4 novas actividades:
1.Actividade "Lendo con Luísa" onde se pode fabricar un marcador de libros coa imaxe da escritora. Materiais e vídeo de apoio.
2. Actividade "Obras cruzadas", é unha nova baralla onde o xogo consiste en emparellar as obras da autora. As pistas son os violíns de cores e o ano de publicación. Contén indicacións de xogo e un suxeitacartas de Polos para imprimir.
3.Actividade "A festa de Luísa" cun xogo con preguntas para ir descubrindo a vida desta creadora. Contén modelos descargables e de impresión 3D.
4.Actividade 4 "Tócaa outra vez, Luísa" contén proposta e indicacións para a construción do violino de Luísa (de baixo custe) e a programación para tocar as catro notas básicas.
Todas elas están a dispor da comunidade educativa na ligazón:
https://formacion-cultura.
xunta.gal/course/view.php?id= 19§ion=7