INFORMACIÓN PARA PROFESORADO.
Section outline
-
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, xornada establecida pola Asemblea Xeral da ONU en 2016 co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, así como para empoderar ás mulleres no papel que poden xogar nas ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM polas súas siglas en inglés).
Desde a asesoría de Polos Creativos do CFR de Ourense sumámonos á conmemoración deste día visibilizando e dando a coñecer o papel das mulleres na ciencia. Por este motivo achegamos os materiais das actividades: "11F nos Polos creativos". Trátase dunha proposta formada por un conxunto de 5 actividades con diferentes niveis de dificultade.
Na seguinte ligazón atoparedes xa dispoñibles todos os documentos para a súa descarga e os arquivos de corte (dxf) e imaxe (svg).
https://formacion-cultura.
xunta.gal/course/view.php?id= 19 (Acceder como convidado)
Aproveitamos esta comunicación para facer chegar o noso agradecedemento ao traballo do equipo de persoas asesoras do CFR Ferrol poñendo en valor as aportacións das mulleres neste Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Un cordial saúdo.