Encontros Virtuais na Universidade de A Coruña
No Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña (UDC), están preparando as Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV) para os vindeiros mércores 30 e xoves 31 de marzo, en horario de 16:00h a 20:00h
A intención e facer unhas Xornadas áxiles e interesantes para o voso alumnado, nas que poderá:
* Seguir as charlas en directo das titulacións de Grao nas que poderán facer consultas aos relatores.
* Ver vídeos dos Centros e da Vida Universitaria que a UDC lles ofrece, así como testemuñas do alumnado universitario.
* Participar nos retos e obradoiros, nos que poderán conseguir premios.
As Xornadas comezarán o dia 30 e o 31 de marzo ás 16,00h coa charla en directo sobre as ABAU - PREINSCRICIÓN do prof. Pedro Armas, Delegado da UDC ante a CIUG, nas que expoñerá o calendario e novidades para o 2022.