Música e danza na Coruña
O alumnado de 3º de ESO viaxou o xoves 26 de marzo á Coruña: primeiro asistiu ao musical "Lúa" no auditorio do Palacio da Ópera, e posteriormente participou no ensaio aberto de "Saias do mar" na sede do Centro Coreográfico Galego. Deste xeito, o Departamento de Música continúa coa realización de distintas actividades de música e de danza dirixidas á educación secundaria obrigatoria.