FP - Mobilidade docente
Dúas docentes da familia de Administración e Xestión estiveron dúas semanas no City of Glasgow College, aprendendo sobre a formación profesional escocesa, grazas a unha convocatoria de Estanzas profesionais para docentes convocada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Esta oportunidade permitiulles comprender o funcionamento de outro sistema educativo e traer algunhas ideas para aplicar no noso centro ao mesmo tempo que puideron mellorar as competencias lingüísticas profesionais na lingua inglesa.
Para máis información, pódese consultar o blog do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado.