1.1.1. A Clasificación Decimal Universal
A CDU divide o coñecemento en dez categorías que se subdividen cada unha noutras 10, do mais ao mais particular; a cada nova división dentro da categoría se lle adxudica un novo número do 1 ao 10.
As materias xerais numéranse cunha cifra do 0 ao 9 e as súas subdivisións en dúas ou tres cifras.
Ademais, cada documento escrito: libro, enciclopedia,... ten un código para que o poidamos atopar facilmente na Biblioteca, a signatura.
A signatura: é un código que atopamos nunha etiqueta no lombo dos libros e que está formado por:
o nº da CDU
en maiúscula as tres primeiras letras do autor
en minúscula as tres primeiras letras do título
Os libros colócanse nas estanterías da Biblioteca, atendendo 1º ao nº da CDU, logo ao autor por orde alfabética e dentro do autor por orde alfabética do título.