COOPERAMOS CANDO...
COOPERAMOS CANDO… (1)
Obxectivos:
- Iniciar ao alumnado no traballo en equipo cooperativo
- Descubrir os valores do traballo en equipo cooperativo
Desenvolvemento:
1º. O alumnado forma equipos, libremente, de 4 membros. A cada equipo se lles proporciona un dos textos recollidos na páxina seguinte, para que o lean.
2º. Cada equipo reflexiona sobre o texto que ten lido, seguindo as seguintes preguntas:
.- ¿Que conclusións podemos extraer deste texto si o aplicamos a un grupo de persoas unidas por unha mesma finalidade, que queren chegar a unha mesma meta?
.- Cal podería ser a meta nun equipo de aprendizaxe cooperativa?
.- Cando podemos dicir que cooperamos dentro dun equipo? Que supón cooperar?
3º. Cada equipo escribe nun folio todo o que se lles ocorra para completar esta frase:cooperamos cando…
4º. Finalmente, poñen en común estas frases e fan un mural, collage, para colocar na clase.
(1)Actividade recollida por Pujolás (p.76) e traducidas polas autoras da obra