Section outline

    • EQUITRIVIA

      Un xogo online en formato Trivial, creado polo Goberno de Aragón onde se poden responder preguntas relacionadas con tipos de violencia de xénero e igualdade.  

      As cuestións, formuladas en forma de definición ou expoñendo un caso de violencia concreto como que a túa parella che envie 500 mensaxes por whatsapp para controlarte, contan con 4 opcións de resposta.  

      O obxetivo é inculcar conceptos e facer reflexionar ao xogador sobre este tipo de comportamentos tóxicos.

    • MAYORÍA OPRIMIDA

      Unha curtametraxe, que vira a situación do home e a muller, é dicir, invirte os pais de cada xénero. Invita a reflexión, xa que expón unha situación na que o protagonista, un home casado, atópase en varias situacións límite que son moi similares ás que as mulleres viven a diario. 

      É interesante que, despois do visionado, os rapaces explican como reaccionarían eles ante tal situación e, do mesmo modo, que as rapazas como se sentirían elas actuando así coas súas parellas.

    • MACHISTA EN REHABILITACIÓN

      Mediante un sinxelo test, identificamos comportamentos ou actitudes machistas. Esta guía permite ao alumnado avaliar si as formas de actuar coas súas parellas ou con outras perosas son machistas ou non. Ademáis, inclúe consellos para combater estes comportamentos e historias para analizar e debater entre o alumnado.

      Clika na imaxe para empezar: