Section outline

  • Este é un material do colectivo SARAIBA, editado pola Consellería de Traballo e Benestar. Recolle testemuñas, actividades, para abordar a reflexión sobre a violencia de xénero entre adolescentes. 

    • Móbil

    • PROPOSTA DE INTERVENCIÓN: Imos traballar en grupo; o titor/a fai na clase 3 grupos, tratando de equilibrar en cada grupo homes/mulleres.

      Primeira sesión, reparte a cada grupo un dos casos que se recollen no material de arriba.  O grupo debe lelo, e responder ás preguntas que se plantexan (danse 25 minutos).  Finalmente, o grupo debe recoller nunha ou dúas frases unha conclusión do texto e a reflexión sobre as preguntas.  Cada grupo compatirá cos demais, a súa conclusión.

      Segunda sesión, reparte a cada grupo un dos lemas que se recollen no material de arriba.  Cada grupo debe lelo e entendelo  (danse 15 minutos), logo debe explicarllo aos demais grupos.

      SE SÓ QUERES ADICARLLE UNHA SESIÓN DE TITORÍA, ESCOLLE UNHA DAS DÚAS ACTIVIDADES.