Section outline

    • A campaña, O control es tuyo, que no te controlen, é posta en marcha pola Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), os Ministerios de Educación e Formación Profesional e de Igualdade, así como pola organización Pantallas Amigas. 

      O obxectivo da campaña é axudar a menotes e adolescentes a detectar o acoso e a violencia de xénero dixital, xa que no "Barómetro juventud y género 2019", realizado polo Centro Reina Sofía da FAD, recóllese que a metade das persoas de 15 a 29 anos afirman ter vivido situacións de violencia de parella, a través das redes sociais.

      As mensaxes inciden en catro situacións que poden vivir os e as menores en clase, no grupo de amizades ou nas súas relacións amorosas e que esconden unha conduta de acoso e violencia dixital, en moitos casos normalizada na súa contorna. En cada mensaxe inclúense recomendacións e se enlaza a unha páxina con máis información sobre como identificas estas condutas e actuar si se é vítima ou se ten coñecemento de que a situación se está a producir.

       

    • Si comparten imaxes sexuais, violentas ou humillantes sin o consentimento das persoas que aparecen nelas, podes denuncialo no Canal Prioritario da Axencia Española de Protección de Datos, para solicitar a súa retirada urxente, incluso si inicialmente as gravaron co teu consentimento.

      Si che chega este tipo de contido ao teu móbil, debes decirllo á vítima, axudala, e tamén podes denuncialo na web do Canal Prioritario da AEPD

    • As túas fotos, as conversas coas túas amizades e todos os teus segredos están no teu móbil. Queres que outras persoas as vexan?  Lembra que o móbil é teu e non tes por que darlle os teus contrasinais a ninguén. Que a túa parella che pida acceso ao teu móbil non significa que te quere máis,  é unha forma de violencia de xénero dixital.

    • Si o teu móbil ten problemas de batería de maneira repentina, quéntase cando non o utilizas ou se escoita mal cando recibes unha chamada, alguén pode estar accedendo ao teu teléfono. Estes problemas poderían ser síntoma de que che teñen instalado algún tipo de sistema para espiarte a través do teu dispositivo.  Revisa a configuración das túas redes e aplicacións ou incluso volve á configuración de fábrica.

    • Alguén de clase publica constantemente mensaxes ferintes ou ameazantes sobre ti para facerche dano?  A túa parella che pregunta onde estás, por que non contestas ou che pide que lle envíes a túa ubicación ou lle mostres as túas conversas?  Debes saber que te están acosando, que pode ser un delito e que podes denuncialo e pedir axuda.

      Tamén podes denunciar si ves que lle está ocorrindo a outra persoa e nunca compartas o contido relacionada co acoso.

      Lembra: non te cales, non compartas e pide axuda.

      Tes máis información sobre como detectar  a violencia de xénero e a quen pedir axuda na web do Ministerio de Igualdade.