
Titoría 4º ESO B – IES Monelos
Benvidos e benvidas ao curso 2025-2026 de 4º da ESO B.
Nesta titoría traballaremos conxuntamente para acadar unha boa organización persoal, un clima de aula positivo e o acompañamento necesario neste último curso da etapa obrigatoria.
Durante o ano abordaremos temas relacionados coa orientación académica e profesional, a convivencia, a responsabilidade individual e o respecto mutuo.
Tamén faremos seguimento do rendemento escolar e actividades que axuden a mellorar a convivencia e a participación do grupo.
Titor: José Mª Fernández
Centro: IES Monelos
Curso: 4º da ESO – Grupo B
“O esforzo e o respecto son o camiño seguro cara ao éxito persoal e colectivo.”