As linguas da península ibérica
Requisitos do completado
4. A lusofonía
Ademais das colaboracións no ámbito económico, dos intercambios académicos ou dos acordos institucionais, consolidáronse nas últimas décadas iniciativas culturais de conexión co mundo lusófono. As principais son:
-
Ponte nas ondas, asociación cultural e pedagóxica que, desde 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal. Entre os fins da asociación está a promoción da identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono, así como a recuperación e difusión do Patrimonio Cultural común a galegos e portugueses. Presentou ante a UNESCO a primeira candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués.
-
Cantos na maré, festival internacional da lusofonía. Maré, músicas e artes atlánticas, é un acontecemento cultural, artístico, social e profesional para festexar o talento compartido de Brasil a Cabo Verde, de Mozambique a Galicia.
-
Certame aRi[t]mar, premios da poesía e música galego-portuguesas. Proxecto didáctico participativo desenvolvido inicialmente pola EOI de Compostela. Cada ano propóñense as 10+10 cancións e 10+10 poesías finalistas, de Galicia e de Portugal, e é o público a través do voto online quen elixe as pezas gañadoras, que se dan a coñecer nunha gala.
-
Feira musical MUMI (Músicas do Minho). Convoca a profesionais do sector cultural galego e portugués co obxectivo de "crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas". No 2022 o evento realizarase na "Eurocidade Tui-Valença" como "Feira Internacional da Lusofonía".
-
Premio de podcast en galego e portugués Xosé Mosquera, convocado polo IES Rosalía de Castro e mais Arraianos Producións, en colaboración con Ponte nas Ondas. Está dirixido a alumnado galego e do norte de Portugal.
-
Rede da Galilusofonía, rede de máis de trinta entidades galegas e portuguesas, civis e públicas. Desde 2018 deciden coordinarse e cooperar "na difusão de iniciativas encaminhadas a fomentar a nossa língua e cultura comuns no seu espaço natural, a Lusofonia, com grande potencial noutros campos como o económico e o institucional".
-
Apertura da CRTVG ao espazo portugués, con programas como Camiños de irmandade ou Auga seca (serie), conversas en liña de #ApuntamentoLusófono ou a emisión de partidos de fútbol da liga portuguesa.
-
Fomento do estudo oficial da lingua lusa en Galicia. Son case 5000 estudantes de portugués no curso actual, cinco veces máis que cando entrou en vigor a Lei Paz Andrade (no 2014).
#ApuntamentoLusófono Cap. 15 (de 15'09'' a 28').
Actividades
1. Achega a túa opinión crítica sobre o que se afirma neste texto.
Apoios:
Fragmentos de Ensino do galego - O que está a faltar: Máis lingua portuguesa na escola?: