As categorías do substantivo
| Sitio: | Aula Virtual do IES do Milladoiro |
| Curso: | Lingua Galega 1º BAC 23/24 |
| Libro: | As categorías do substantivo |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | sábado, 27 de decembro de 2025, 7:44 PM |
1. Xénero


O substantivo, documento do IES Rego de Trabe.

1. Principais procedementos da linguaxe inclusiva: uso de auténticos xenéricos, presenza do feminino e indeterminación do xénero. [Preme na imaxe. Ampliado e en documento, aquí]
2. Documentario Galego de todes? (Nós Televisión).

- En que grupo dos valores semánticos de entidades non sexuadas incluirías ovo / ova?
- Por que nugallá se pode considerar unha excepción doutra excepción?
- Cres que é axustado dicir que o xénero se pode formar con diferentes lexemas? Razoa a resposta.
- Anota os cinco substantivos que adoitan verse interferidos polo castelán que máis dificultade che presentan. Consulta a listaxe de abaixo.


.
2. Número


+ O substantivo, do IES Rego de Trabe.

1. Esquema coas regras -de xénero e número- mediante exemplos.
2. Repaso de xénero e número (tamén en Youtube):

1. Adoita indicarse que os nomes compostos crean o plural do seguinte xeito.
-
Os dous lexemas separados → plural nos dous (o garda civil / os gardas civís)
-
Soldados ou con guión → plural no segundo elemento (o vagalume / os vagalumes, o galego-falante / os galego-falantes)
-
Unidos por preposición → plural no primeiro elemento (o arco da vella / os arcos da vella)
Mais hai outras variábeis e excepcións. Integra as regras a partir destes exemplos:
o / os paracaídas, o / os abrelatas, un / uns fervellasverzas
a palabra chave / as palabras chave, o coche bomba / os coches bomba, o café teatro / os cafés teatro, o home araña / os homes araña

3. Solucións



