Os amores na literatura medieval
2. O Cancioneiro profano amoroso
A cantiga de amigo
Orixe e trazos definitorios
-
Ten orixe autóctona popular. Adapta as cancións de muller tradicionais.
-
O falante lírico adoita ser unha moza namorada.
-
A palabra amigo está presente en practicamente todas as composicións deste xénero.
Contido
-
Transmite unha diversidade de sentimentos amorosos. Os temas adoitan ser:
-
-
o desexo de ver o amigo
-
a alegría do reencontro
-
o lamento da rapaza pola ausencia do seu amigo
-
o enfado co namorado
-
-
- Emprega unha rica simboloxía, especialmente de elementos do contorno natural. Pódense apreciar nesta imaxe.
-
Así, a auga representa a fecundidade, o cervo é o namorado viril, o mar revolto transmite a paixón amorosa, etc.
-
Tamén se achan elementos corporais con valor simbólico, como os cabelos da moza asociados á virxinidade.
-
Lavar cabelos (e lavar camisas) interprétase como disposición ao encontro.
-
Tipoloxía
-
Atopamos catro subxéneros segundo as temáticas e os ambientes.
-
A mariña ou barcarola ten escenario marítimo
-
A bailada é un convite ás amigas a bailar ante a chegada do amigo
-
A alba (excepcional) confórmase como despedida dos amantes ao mencer
-
A cantiga de romaría desenvólvese nun marco relixioso popular, como unha ermida
-
- Distinguimos, ademais, tres tipos de cantigas de amigo segundo a enunciación.
-
-
As narrativas son aquelas nas que a moza é un personaxe, non o falante lírico (“Levous'a louçana...”).
-
As cantigas monologadas son aquelas nas que propiamente se transmite a voz da moza; pode dirixirse a confidentes: amigas, irmás, flores, etc.
-
Algunhas composicións son diálogos, con intervención da rapaza e da nai ou da rapaza e un elemento da natureza.
-
Recursos formais
- Contribúen a crear un ritmo marcado tres recursos de repetición: o paralelismo, o leixaprén e o refrán.
-
-
O paralelismo (perfecto ou literal) consiste na repetición con variantes, en cada par de estrofas, dos versos que ocupan a mesma posición. As variantes sitúanse no final dos versos e derivan sobre todo do uso dun sinónimo (ou expresión equivalente) ou ben do cambio de orde das palabras.
-
O leixaprén (deixa -un- e colle) é a repetición do segundo verso de cada estrofa como primeiro da estrofa posterior á seguinte.
-
+ Escolma de cantigas de amigo comentadas
A cantiga de amor
Orixe
-
Ten orixe culta ou cortesá. A súa base é a cançó provenzal.
-
Mais, aínda que nace por influxo da cançó, presenta trazos propios de acordo coa sociedade galego-portuguesa. Os principais son:
-
A dama, casada ou solteira, está idealizada, sublimada.
-
Deste xeito, a descrición da senhor é inconcreta, limítase a certos trazos xerais (agás excepcións como os "olhos verdes" que apunta García de Guilhade).
-
Hai unha ausencia de referencias espazo-temporais, a natureza non está practicamente presente.
-
A dama móstrase indiferente e mesmo irada e vingativa.
-
Transmítese constantemente o tópico da coita e morte por amor, pois este nunca é correspondido. Aínda así, tamén podemos atopar cuestionamento do tópico (por exemplo, Gómez Charinho afirma: "quería-me lh'eu mui gran ben querer, / mais non quería por ela morrer").
-
Identificación e destinatarios
-
O falante lírico é un poeta namorado dunha dama nobre.
-
É común que estea presente ao inicio da composición a palabra senhor, coa que se denomina a dama.
-
Hai un uso frecuente da apóstrofe (a Deus, á senhor, aos amigos, ao Amor...).
Contido
-
O sentimento amoroso é produto da convención do amor cortés: a relación é de vasalaxe, o trobador é un servo da súa dona e debe amosar discreción, sen identificala. Visualízao aquí.
-
Distínguinse catro grandes temas ou campos temáticos:
-
a gabanza da dama (da perfección da dona nobre inalcanzábel e idealizada)
-
o amor do poeta (nunca correspondido)
-
a reserva da dama (a indiferenza que esta amosa)
-
a coita de amor (o sufrimento ante o rexeitamento, que pode chegar á perda do sono, á loucura ou ao desexo de morrer).
-
Clasificación
- Hai dous tipos de cantigas de amor segundo a súa composición: de refrán e de mestría.
-
-
As de refrán conteñen versos finais como retrouso. Este recurso de base popular vai acompañado ás veces de paralelismo.
-
As de mestría teñen maior variedade ao non incluír refrán. Adoitan ter tres estrofas (cobras) de sete versos.
-
Recursos formais
-
Os principais recursos de repetición son o dobre e o mordobre e os de ligazón son a finda e a atá-finda.
-
O dobre é a repetición dunha palabra en lugares simétricos da estrofa.
-
O mordobre é a repetición dun lexema en lugares simétricos da estrofa.
-
A finda é unha pequena estrofa final a modo de conclusión.
-
A atá-finda son encabalgamentos de cobra a cobra (o verso final dunha segue na seguinte).
-
-
Non son estes os únicos procedementos formais frecuentes. Empréganse tamén:
-
- hipérboles (máis que todas las do mundo val),
- paradoxos (cuidand'en vós houv'a morrer assí / e cuidand'en vós, senhor, non morrí),
- metáforas (a que tenh'eu por lume destes olhos meus),
- antíteses (pois meu mal é quanto ben vós havedes).
-
- Cómpre considerar tamén a clasificación das cobras segundo a rima, que en todo caso segue o mesmo esquema en todas as estrofas:
- Unisonantes: idéntica rima en todas as cobras.
- Singulares: con distinta rima en cada cobra.
- Dobras: mesma rima cada par de cobras.
- Alternas ou alternadas: unha rima nas cobras pares e outra nas impares.
+ Escolma de cantigas de amor comentadas
+ Versións das cantigas traballadas
En modo presentación:
Complementos
As cantigas de amigo, do IES Rego da Trabe.
As cantigas de amor, do IES Rego da Trabe.
Exemplos de versións fieis á música orixinal / Exemplo das adaptacións máis ou menos fieis (O Peque Coro do Xan Viaño descubrindo o pergamiño Vindel). / Exemplo de versión actual (LaMontagne e PicoAmperio).
Lista de reprodución de cantigas versionadas.
Comproba que dominas os contidos básicos completando o esquema das cantigas de amigo e mais o esquema das de amor.
Actividades
1. Por escrito en grupo.

2. Oral.

3. Por escrito individual ou en parellas.

4. Oral.
