Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. LG1B2324
  3. Unha radiografía das emocións
  4. Charla-monólogo con humor

Charla-monólogo con humor

Requisitos do completado
Abertas: martes, 9 de xaneiro de 2024, 12:00 AM
Pendente: domingo, 21 de xaneiro de 2024, 11:59 PM

Debes compor un pequeno texto que aborde algún tema en relación coas redes sociais e axustalo como guión dunha "minicharla" tipo TED ou dun monologuiño de espectáculo. Será unha pílula oral que condense a túa visión de determinadas experiencias de uso das redes. A súa extensión mínima é 1 minuto; non se especifica extensión máxima.

Para iso, determina:

  • de principio que aspecto queres ou podes tratar segundo a túa experiencia (a partilla de novas manipuladas ou sensacionalistas, o tendencioso funcionamento dos algoritmos, o exhibicionismo virtual, a obsesión pola reacción positiva dos demais...);
  • a continuación a túa postura ante ese tema, a idea ou tese que queres soster ou defender;
  • a seguir a serie de feitos (dous no mínimo) que amosen a realidade tratada;
  • por último, a ollada humorística que podes achegar.

Sexa cun ton máis reflexivo e didáctico (charla), sexa con desenfado e base plenamente experiencial (monólogo), deberá cumprir cos dous trazos formais seguintes. [Desenvólvense no arquivo de apoio]

  1. Seguir a estrutura: Inicio como desafío ou tese - Corpo que enfíe situacións (dúas mínimo) - Conclusión.
  2. Inserir algún feito xocoso ou un recurso humorístico.

Aproveita os modelos vistos e, se o precisas, infórmate sobre o tema nestas publicacións:

- GCiencia: Infodemia masiva: bulos e mentiras contaxiosas durante a pandemia

- El Salto Galiza: “Fueron 7 brasileños”: bulos racistas e invisibilización da LGBTfobia

- El Progreso: A Policía Nacional publica os dez bulos máis compartidos nas redes sociais

- GCiencia: #FakeNews

- Xuventude.net: Sabías que as fake news preocupan ao 86%...?

Consulta as dúbidas lingüísticas, revisa a coherencia, fluidez e corrección do texto, ensaia para evitar a lectura (ou cando menos unha lectura forzada ou monótona) e realiza a gravación.

Finalmente, entrega só o arquivo de audio (preferentemente coa extensión mp3).

  • Charla TED e monólogo.pdf Charla TED e monólogo.pdf
    8 de xaneiro de 2024, 1:24 AM
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle