PREGUNTAS TRALO VISIONADO (x2) DOS 6 PRIMEIROS MINUTOS DO DOCUMENTAL

1.- Sinala en que século chegan os suevos á península Ibérica e anota que outros "pobos bárbaros" chegan na mesma época.

2.- Podemos afirmar que a poboación bárbara era similar en número á romana peninsular? Por que?

3.- Por que se di que o reino suevo é pioneiro en Europa?

4.- Podemos afirmar que no seu máximo esplendor o reino suevo dominou a zona oriental da Península Ibérica? Por que?

5.- Anota dous adxectivos que definan ao reino suevo, xustificando a túa elección.

6.- EXTRA (NON OBRIGATORIA): A que se lle chama "historia finalista" na introdución do documental? Explícao coas túas palabras.


Última modificación: venres, 25 de setembro de 2026, 8:55 AM