O regulamento da tripela condiciona o desprazamento dos xogadores/xogadoras con balón. O xogador/xogadora en posesión da pelota poderá desprazarse con ela sen bote nun ciclo continuado de tres pasos. No caso de querer seguir desprazándose coa pelota (dentro do tempo de 3-5 segundos que establece o regulamento) terá que golpear consecutivamente a pelota co muslo ou co pé. Esta acción de golpeo consecutivo co muslo e co pé require de un maior dominio técnico, polo que teremos que practicalo.

 Necesitarás aprender a dominar o balón golpeado de xeito continuado co pé (e tamén co muslo) para poder xogar coa pelota mentras te desprazas, unha vez terminado o ciclo de tres pasos. Mira este vídeo para facerte unha idea da progresión de aprendizaxe que terás que seguir para avanzar na mellora e dominio do xesto.

Modifié le: dimanche 15 mars 2026, 19:01