Unha das accións técnicas máis importantes do xogo da tripela consiste en poder golpear a pelota  co pé ou coa rodilla, para poder facer o pase. 

O pase coa rodilla non implica demasiada dificultade, polo que me centrarei na acción de pase co pé. O pase co pé poderase facer co exterior, co empeine e co interior. Para acadar unha maior efectividade no pase é aconsellable facer uso do "interior do pé", polo que aprenderemos en primeiro lugar este tipo de golpeo. O pase co interior do pé permitirache ser máis preciso, porque con esta superficie poderás dirixir mellor o balón. Aprende a técnica de golpeo co interior nas clases prácticas, pero antes mira este vídeo

Imos deixar o golpeo co empeine para accións de disparo á portería, mentres que o uso do exterior do pé é desaconsellable, salvo que queiras facer un pase con efecto a un compañeiro/a. 

Modifié le: dimanche 15 mars 2026, 19:01