A viaxe de Odiseo.
Completion requirements
¿Odiseo?
| Chámase Odiseo, pero quizais o coñezas máis polo nome que lle deron no mundo romano: Ulises. É o protagonista da Odisea de Homero, un poema épico do século VIII A. C atribuído a Homero e que, malia a súa antigüidade, posúe os elementos que poderían facer del toda unha superprodución de Hollywood: guerra, amor, intriga, grandes personaxes... Tras pasar dez anos pelexando na guerra de Troia, Odiseo emprende a súa viaxe de retorno ao seu fogar en Ítaca, unha pequena illa grega situada ao noroeste da Península do Peloponeso onde o agardaba a súa esposa Penélope, tentando sacudirse aos pretendentes que querían casar con ela e, de paso, obter o trono de Ítaca. Esa viaxe tería que durar unhas poucas xornadas de travesía marítima pero Odiseo, para a súa desgraza, enfada a varias divinidades gregas que farán que a súa volta ao fogar sexa máis complicada... pasará dez anos de peripecias polo Mediterráneo enfrontándose a todo tipo de perigos. Nesta actividade terás que botarlle unha man a Odiseo para que volva a casa, para iso terás que resolver unha serie de cuestións relacionadas tanto coa antiga Grecia como coa súa pervivencia no mundo actual. ¿comezamos? | ![]() |
