Tema 1. A representación da Terra
2. Os movementos da Terra.
|
· O movemento de rotación: Movemento do noso planeta sobre o seu eixo en sentido oeste - leste. Tarda 24 horas en completarse e implica tanto a sucesión de días e noites como a existencia de distintas franxas horarias. |
|
|
· O movemento de translación: Movemento do noso planeta arredor do Sol. A Terra tarda 365 días e 6 horas en completar a órbita en torno o Sol. Este movemento implica, xunto coa inclinación do eixo da Terra, as estacións do ano, xa que os raios do Sol inciden de xeito diferente ao longo do ano en cada hemisferio. Así no solsticio do 21 de xuño, o Hemisferio Norte inclínase cara ao Sol. Os raios do Sol inciden de forma máis perpendicular e os días son máis longos cas noites, iniciándose neste hemisferio o verán. No Hemisferio Sur prodúcese a situación contraria, iniciándose entón o inverno.
|
![]() |
| Podes ollar este vídeo de 5' para entender mellor como se producen as estacións e porque están "cambiadas" entre os hemisferios Norte e Sur. |
| Pulsa sobre o icono para acceder a unha animación sobre os movementos da Terra |
