Contidos

Site: Aula Virtual IES Mendiño
Course: Creación de contidos dixitais para a aula virtual
Book: Contidos
Printed by: Usuario convidado
Date: Friday, 16 January 2026, 6:35 AM

1. Recursos educativos abertos

Os Recursos Educativos Abertos (REA), tamén coñecidos en inglés como Open Educational Resources (OER), son documentos, materiais e contidos educativos ofrecidos libre e abertamente para que calquera os poida empregar para ensinar, aprender ou investigar.

De forma frecuente, estes recursos educativos abertos están distribuidos baixo unha Licencia Creative Commons, que concede permisos e dereitos ao usuario baixo o marco das cinco R:

  • Reutilizar o contido orixinal sen alterar.
  • Revisar, adaptar, axustar, modificar ou alterar o contido en si.
  • Remezclar ou combinar o contido orixinal con outro tipo de contido para crear algo novo.
  • Redistribuír ou compartir copias do contido orixinal, as revisións ou as novas mezclas con outros.
  • Conservar (retain). O dereito a realizar, posuír e controlar copias do contido (por exemplo, descargar, duplicar, almacenar e administrar)

Cando falamos de REAs non debemos pensar só nos contidos, se non que tamén no software (contornas necesarias para a súa creación, modificación, mezcla, publicación, interrelación con redes educativas, clasificación con metadatos, ...) e nas licencias que permitan promover a súa publicación aberta. Tamén debemos ter en conta que un dos seus puntos fortes debe ser o fácil acceso a estes recursos, que debe ser gratuíto e que debe ser moi sinxelo o seu proceso de obtención ou descarga.

 Tendo en conta o anterior e a infografía obtida do CEDEC, podemos indicar 4 características desexables asociadas aos REA:

  1. serán materiais de ensino en formato dixital.
  2. serán de acceso gratuíto e libre sen apenas necesidades de rexistro.
  3. licenciamento aberto ou con restricións limitadas co obxectivo de que estean preparados para compartir.
  4. licenciamento para que poidan ser modificados con restricións limitadas. Os contidos en formato dixital deberían ser editables.

Tipoloxías de Recursos Educativos Abertos

Os REA poden ser cursos completos, obxectos de aprendizaxe, exercicios ou outras ferramentas, materiais ou técnicas para ensinar, aprender ou investigar.

Material de clase

Libros en aberto

Vídeos

Unidade didáctica

Software

Xogos

A través de Internet podemos xa acceder a multitude de REA

  • En calquera formato
    • texto
    • audiovisual
    • podcast
    • multimedia
  • Para calquera finalidade
    • libros de texto
    • manuais
    • guías didácticas
    • plans docentes
    • apuntamentos
    • simulacións
    • exames
    • cuestionarios
    • informes, estudos ou investigacións
    • MOOCs, que son cursos en liña abertos a grande escala
  • De calquera nivel ou especialidade
    • Infantil
    • Primaria
    • ESO
    • FP e Universidade
    • Rexime especial (Música, Danza, Artes, ...)
Tamén debemos ter en conta a obtención do Software que nos permita elaborar e editar os contidos asociados aos REAs.
Atribucións das imaxes empregadas:
Extraídas do CeDeC, baixo licencia CC BY 4.0
Iconas:Póster BCOER de BCcampus, baixo licencia CC BY 4.0

1.1. Plataformas e repositorios REA

Existen multitude de sitios de descarga e/ou creación de REA. A continuación amósanse uns poucos:

  • Proyecto EDIA: Proxecto de creación de recursos educativos abertos que promoven a transformación metodolóxica e dixital das aulas, do CeDeC (Centro Nacional de Desenvolvemento Curricular)
  • Recursos do Espazo Abalar: Repositorio de contidos educativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Ten filtros a través dos cales podemos escoller o tipo de licenza.
  • Procomún: Rede de recursos educativos en aberto do Intef (Instituto nacional de Tecnoloxías Educativas e de formación do profesorado)
  • OER Commons: Proxecto mundial desenvolvido pola ONG Study of Knowledge Management in Education no ano 2007 co obxectivo de compartir, avaliar e mellorar recursos educativos.
  • WikiMedia Commons: banco de recursos de arquivos multimedia libres de dereitos para empregar nos nosos proxectos. Está vinculado con outros proxectos Wiki como Wikiespecies ou Wikilibros.
  • Open TextBook Library: Biblioteca dependente do proxecto Open Education Network.

Algunhas das plataformas mentadas poden conter recursos educativos de pagamento, ou cuxo licenciamento non permite adaptalas, pero non é o habitual.

MOOC é o acrónimo de Massive Online Open Courses ou Cursos Online Masivos Abertos, que xurden como concepto a partires do ano 2008 supoñendo unha evolución da educación aberta. Son basicamente cursos online, abertos, gratuítos, sen límite de matriculacións, que empregan recursos abertos, que adoitan estar soportados por universidades e que supoñen unha evolución na aprendizaxe continua e adaptable.

Como plataformas MOOC podemos destacar:

Atribucións das imaxes empregadas:
Extraídas do CeDeC, baixo licencia CC BY 4.0
Extraídas de Wikimedia Commons, con dominio público CC0

1.2. Ferramentas para crear REA

Qué ferramentas debemos empregar para crear/editar/adaptar REA?

De acordo coa filosofía dos recursos educativos abiertos, debemos crealos cunha ferramenta que facilite non só a utilización do material por parte das persoas usuarias, senon tamén a súa modificación e redistribución. É conveniente polo tanto favorecer esta accesibilidade con ferramentas de software libre, dispoñibles para calquer usuario/a, gratuitas, multiplataforma e de fácil uso. A continuación lístanse unhas poucas ferramentas habituais na creación de REA:

CREAR RECURSOS EDUCATIVOS MULTIMEDIA

eXeLearning

CREAR RECURSOS EDUCATIVOS MULTIMEDIA

H5P

CREACIÓN DE DESEÑOS 2D

LibreCAD

SUITE OFIMÁTICA

LibreOffice

EDICIÓN DE IMAXES DE MAPAS DE BITS

Gimp

CREACIÓN DE DESEÑOS 3D

FreeCAD

EDICIÓN DE GRÁFICOS VECTORIAIS

InkScape

MAQUETACIÓN DE PUBLICACIÓNS

Scribus

AUTOMATIZACIÓN DE DESEÑOS ELECTRÓNICOS

Fritzing

PROGRAMACIÓN DE VIDEOXOGOS

Scratch

CREACIÓN DE RECURSOS EDUCATIVOS MULTIMEDIA

Ardora

EDICIÓN DE VÍDEOS

OpenShot

Se o REA foi compartido en formato AI (Adobe Illustrator), para poder seguir editándoo é moi posible que precisemos do Software propietario Adobe Illustrator. A mesma situación pode darse ao empregar formatos propietarios derivados de Software privativo como DWG co Autocad ou docx co Microsoft Office Word. É certo que algunhas aplicacións libres permitirían abrir estes formatos, pero non garanten ser 100% compatibles. En resumo, debemos tentar distribuir as nosas creacións en formatos abertos.

Por outra banda, ao falar de distribución de apuntamentos, libros, ensaios, ... podemos estar pensando no formato PDF, que ademais é un formato aberto e completamente portable. Pero neste caso o PDF o problema que se nos presenta co PDF é a dificultade de editalo ou mesmo de copiar fragmentos para incorporalos a unha posible adaptación

Neste sentido, a pesar de que moitos educadores liberan os seus textos baixo unha das diversas licenzas abertas, o formato da liberación pode bloquear efectivamente o uso pleno da creación. Esta mesma liña de pensamiento vale para outros tipos de medios como gráficos, presentacións, imaxes, audios,vídeos, ...

Aconséllase, pois, empregar formatos que faciliten a adaptación e edición dos REA.

Podes consultar esta ligazón da Wikipedia para máis información de formatos abertos.

Planificación na creación dun REA

Como en calquera proxecto docente ou laboral a planificación é imperativa. Polo tanto á hora de crear un REA debemos marcar unha determinada folla de ruta. Neste caso botamos man dun canva de CeDeC cos pasos a seguir

Atribucións das imaxes empregadas:
Extraídas do CeDeC, baixo licencia CC BY 4.0
Iconas das apps Wikimedia Commons, con dominio público CC0

1.3. Que NON é un REA?

Após indícanse tres categorías de recursos que poden considerarse excluídos da definición de REA.

Un recurso cuxo licenciamento non o permita adaptar

Por exemplo, un Creative Commons ND

Recursos web con Copyright

Calquera recurso que atopemos na rede, pero que non sexa de dominio público ou teña unha licencia Creative Commons

Coleccións baseadas en subscricións de tipo biblioteca

Os recursos dos que ás veces nos servimos por ter algún convenio asinado con provedores de servizos (Microsoft, Google, ...) accesibles para estudantes y profesores non adoitan sen REA, xa que a licencia de emprego destes materiais adoita ter restricións.

Recursos

Coste para o estudiante

Permiso/licencia

REA Gratuito Aberto
Recursos de la biblioteca Gratuito Restrinxido

En todo caso debemos ter en conta que a combinación de materiais que cumpran cos obxectivos educativos vai variar e poden consistir nunha mezcla de REA e outros recursos que non cumpran cos requisitos para ser REA. Finalmente, a clave sempre está en saber determinar cales son os recursos máis axeitados para conseguir os obxectivos da docencia e os do estudante.

Atribucións das imaxes empregadas:
Extraídas do CeDeC, baixo licencia CC BY 4.0

2. A propiedade intelectual

Imos definir uns cantos conceptos que teñen que ver coa Propiedade Intelectual para contextualizar os contidos asociados a esta parte do módulo.

A Propiedade Intelectual é o conxunto de dereitos que lles corresponden aos autores e outros titulares (artistas, productores, organismos de radiodifusión, etc.) respecto das obras e prestacións froito da súa creación.

No ámbito internacional o concepto de propiedade intelectual recolle tanto os dereitos de autor, asociados ás obras artísticas, literarias e científicas, coma os dereitos de propiedade industrial vinculadas coas invencións, os modelos industriais, as patentes e as marcas.

A nivel estatal a Propiedade Intelectual refírese, exclusivamente, aos dereitos de autor e a Propiedade Industrial regúlase mediante outra normativa específica. Polo tanto, no noso contorno, os termos de propiedade intelectual e dereitos de autor utilízanse indistintamente.

Os dereitos de autor son un conxunto de normas e principios que regulan os dereitos dos autores polo simple feito de crear unha obra, estea publicada ou sexa inédita. Esto significa que desde o momento no que un autor ou autora crea a súa obra (elaboramos uns apuntes, facemos unha foto, etc.) posúe unha serie de dereitos sobre la antedita obra.

As obras adquiren dous tipos de dereito:

  • Propiedade moral: decide sobre en que forma é divulgada a obra, o recoñecemento e o respecto á integridade do autor. Esta propiedade é un dereito irrenunciable e inalienable.
  • Propiedade patrimonial ou económica: comprende a reprodución, distribución, comunicación pública e transformación da obra do autor. Estas non poden realizarse sen a autorización do autor ou autora.

As licenzas de autor son os permisos que os propios autores establecen sobre os dereitos de explotación económica (dos que eles mesmos son propietarios). Os dereitos de tipo moral non se poden ceder nin explotar.

Que poden facer terceiras persoas en relación á propiedade económica das miñas obras?

A Lei de Propiedade Intelectual define que, se o autor non expresa o contrario, os dereitos de explotación económica están reservados ao autor. Isto é o que se coñece como "Todos os dereitos reservados", tamén chamado Copyright.

En consecuencia, a resposta á pregunta do título a este parágrafo é: nada

  • Se eu son autor dunha obra, e non indico nada cando a poño a disposición dos demais, automaticamente adquire Copyright e ninguén pode facer nada con ela.
  • Dito doutra forma, se o autor non indica dalgún xeito os usos que podemos facer das súas obras, nós non poderiamos: reproducila, distribuíla, comunicala publicamente ou transformala.

Unha vez expostas as anteriores definicións debemos tomar conciencia da necesidade de contar con licencias de autor para poder empregar calquera material creado por un terceiro.

No seguinte apartado veremos os tipos de licenciamento máis oportunos no mundo educativo.

Lexislación ao respecto da Propiedade Intelectual

A nivel estatal existe unha Ley de Propiedad Intelectual por la que se definen y se protegen los Derechos de autor en España (Ley 21/2014, de 4 de noviembre, por la que se modifica el texto refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, aprobado por Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, y la Ley 1/2000, de 7 de enero, de Enjuiciamiento Civil).

2.1. Tipos de licenciamento

Unha vez definidos os conceptos asociados á propiedade intelectual cómpre vérmonos os tipos de licenciamento existentes. Existen varios marcos legais que permiten regular o licenciamiento dos contenidos e que veremos a continuación.

En todo caso, a pregunta que nos temos que facer é a seguinte: como podo indicar que quero permitir determinados usos das miñas obras?
Para indicar que quero permitir determinados usos das miñas obras utilízanse as licenzas, que non deixan de ser permisos (autorizacións) aos que facemos referencia para definir eses usos.

Existen licenzas pechadas, como un contrato privado entre o autor e o usuario final, onde pode existir un beneficio económico. Outras veces a xestión destes contratos realízanse contra entidades de xestión que funcionan a modo de intermediario entre autor e usuario final. Pero tamén existen licenzas libres, onde o autor indica no momento da divulgación da súa obra que calquera pode realizar determinados usos das obras.

Licenzas libres

Son licenzas que defenden un uso máis libre e compartido das obras e outorgan aos autores a posibilidade de non exercer todos os dereitos de explotación previstos na lei de propiedade intelectual: poden establecer os seus propios límites permitindo aos autores ter un maior control sobre o dereitos das súas obras e unha xestión máis sinxela. Deste xeito, proporcionan aos usuarios un mellor acceso ás obras e o seu uso con menos restricións.

Entre as licenzas libres tamén hai licenzas chamadas Copyleft, moi utilizadas en informática, que garanten o dereito de calquera usuario a usar, modificar e redistribuír unha obra sempre que compartan as obras derivadas que van crear cun igual ou equivalente licenza.

En xeral, as licenzas libres máis usadas para diversos traballos creativos son as chamadas licenzas Creative Commons.

Tipos de licenciamento

Copyright: é o tipo de licenciamento asociado por defecto ao autor do contido. Garántelle ao autor o dereito patrimonial de explotación.

Copyleft: permite a libre distribución de copias e versións modificadas dunha obra ou outro traballo, esixindo que os mesmos dereitos sexan preservados nas versións modificadas. Aplícase a programas informáticos, obras de arte ou calquer tipo de obra rexida polo dereito de autor.

Considérase que unha licencia libre é copyleft cando, ademais de outorgar permisos de uso, copia, modificación e redistribución da obra protexida, contén unha cláusula que dispón unha licencia similar ou compatible ás copias e ás obras derivadas.​ 

Dominio público: adóitase abreviar como PD (do inglés, public domain).​

  • É a situación na que quedan as obras literarias, artísticas ou científicas (o que inclúe programas informáticos) ao expirar o prazo de protección do dereito de autor. ​
  • Cada lexislación nacional contempla un número de anos contados desde a morte do autor para que estes dereitos expiren. En España, é de 70 anos.
  • Implica que as obras poden ser explotadas por calquera persoa, pero sempre respectando os dereitos morais dos seus autores, pois o que expira son os dereitos de autor de carácter patrimonial.​

Licencias Creative Commons (CC): proporcionan mecanismos xurídicos para garantir que o autor do material reciba recoñecemento pola súa obra, permitindo que o devandito material sexa compartido e adaptado ou, ao contrario, impedindo o seu emprego para actividades comerciais ou a súa modificación.​​ O autor que somete a súa obra a unha licenza Creative Commons retén a titularidade sobre a mesma, pero consinte – a través da licencia – ceder algúns deses dereitos.

  • O modelo CC ten en conta varias normas de dereito de autor en diferentes países e sistemas xurídicos e está dispoñible en varios idiomas​​.
  • CC dispón dun xerador de licencias a partir de preguntas sobre o uso dunha obra, e suxire cal é a licencia máis axeitada. ​
  • Beneficios:
    • Con esta licencia asegúrase que co contido compartido continúase atribuíndo o recoñecemento ao autor orixinal.​
    • Ao compartir contidos libremente, o plaxio pode ser detectado máis rápido, pois os materiais orixinais son de fácil acceso.​

Creative Commons dispón de 4 elementos de licencia que determinan as condicións para o licenciamento da obra.

Recoñecemento (Attribution). Non se permite o uso das obras sen a referencia aos autores, polo que o recoñecemento é sempre obrigatorio.
Non comercial (NC): O autor non autoriza o uso comercial das súas obras.
Sen obras derivadas (ND): O autor non autoriza a transformación das súas obras.
Compartir Igual (SA): A explotación da obra só se autoriza sempre que, o usuario (seguinte autor) manteña a mesma licenza na divulgación da súa obra.

Coa combinación dos tres elementos de licenza sobre os que o autor pode establecer autorizacións (NC, ND e SA), pódense construír seis licenzas diferentes.

Recoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restrición.

Recoñecemento - NonComercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais.

Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite o uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a distribución destas debe realizarse con unha licenza igual á que regula a obra orixinal.

Recoñecemento - NonComercial - SenObraDerivada (by-nc-nd): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.

Recoñecemento - CompartirIgual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución debe facerse con unha licenza igual á que regula a obra orixinal.

Recoñecemento - SenObraDerivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a xeración de obras derivadas.

 

O licenciamento CC0?

Unha licencia CC0 é unha Licencia Creative Commons de dominio público, ou sexa, Sen Dereitos Reservados. Esto quere dicir que podes:

  • Utilizala para emprego persoal ou comercial.
  • Podes copiala, modificala ou distribuíla.
  • Todo isto, sen pedir permiso nin dar atribución de ningún tipo.

Basicamente, podes facer o que queiras con ela, xa que é de dominio público.

Máis información: https://creativecommons.org/publicdomain/zero/1.0/deed.es_ES

Atribucións das imaxes empregadas:
Extraídas de Creative Commons, baixo licencia CC BY 4.0
Iconas de Copyleft, Copyright extraídas de Wikimedia Commons, con dominio público CC0

2.2. O semáforo das licencias

Esta imaxe chamada polos seus creadores semáforo das licencias, permite apreciar as restricións das distintas licencias, desde a máis restrictiva(Copyright) ata a máis libre (Dominio público). Tamén se pode apreciar as diferencias entre licencias CC e Cultura Libre e Copyleft.

Esta outra imaxe amosa unha comparativa similar.

Atribucións das imaxes empregadas:
Semáforo:Atribución: https://ikusimakusi.eus
“Creative Commons License Spectrum” by Shaddim (CC BY)

2.3. REA e licenciamento

Os REA son recursos educativos que incorporan unha licencia que facilita a súa reutilización e adaptación, sen necesidade de solicitar autorización previa ao titular dos dereitos de autor.
A diferencia clave entre os REA e calquer outro tipo de recurso educativo é a súa licencia. ​​

O máis habitual é que estes Recursos Educativos Abertos estean distribuídos baixo unha licencia Creative Commons. Non obstante os recursos con licencias que NON permiten a obra derivada (ND) son non considerados como REA. Na seguinte imaxe pode verse claramente. Debemos lembrar que os REA deben permitir a súa adaptación.


Atribucións das imaxes empregadas:
A imaxe dos seis tipos de Licencias Creative Commons é unha obra derivada de Keynote Slides (Novembro de 2014), de Cable Green, baixo licencia CC BY 4.0

2.4. Licenciar unha obra

Á hora de licenciar debemos elixir un dos tipos de licencia CC vistos. É importante que indiquemos ou estea claro, sempre dalgún xeito os seguintes parámetros mínimos:

  • título da creación
  • autor
  • tipo de licencia e ligazón de acceso

Tamén sería bo ligar á ÚRL do autor e á URL da creación se for posible.

Nas seguintes ligazóns dispoñemos dos resumos dos distintos tipos de licenzas CC na versión 4.0 en galego ademais tamén da licencia de dominio público:

Dispoñemos dun asistente para poder xerar un tipo de licenciamento acorde ás nosas necesidades: https://creativecommons.org/share-your-work/

É evidente que vai a depender do soporte o modo de definir o licenciamento: páxina web, documento fóra de liña, vídeo, presentación, imaxe, ... Co anterior asistente poderemos crear unha licencia axeitada.

A continuación podemos ver algúns exemplos:

Licencia nun documento de texto
Este documento está licenciado baixo Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional. Para ver unha copia da licencia, visite http://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/.
Licencia nun documento de texto

Lóxica difusa © 2021 by Julio Mosquera González está licenciada baixo CC BY 4.0. Para ver unha copia desta licencia visite http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/


Licencia nunha páxina web ou blogue

Lóxica difusa by Julio Mosquera González está licenciada baixo CC BY 4.0

Licencia nunha presentación ou nun vídeo

Ao subir a nosa creación a algún repositorio da Internet (wikimedia, youtube, vimeo, slideshare, ...) poderemos elixir tamén o tipo de licenciamento outorgado. Nas imaxes NON se aconsella crear marcas de auga ou similares que impidan facer un axeitado emprega das devanditas.

Para os vídeos e arquivos de son tamén podemos editar os seus metadatos.

Webs de axuda:

3. A protección de datos na docencia

Qué é a protección de datos?

A Protección de Datos de Carácter Persoal é un dereito fundamental que teñen todas as persoas físicas para garantir a súa vida privada e supón o control e poder de disposición da información relativa á súa esfera tanto pública como privada. Garántese polo artigo 18.4 da Constitución Española.

O dereito á protección de datos persoais e a nosa privacidade permítenos saber quen trata os nosos datos persoais, cómo e para qué.

Un dato de carácter persoal é toda información que se refira a unha persoa física identificada o identificable, é dicir, un apelido, un nome, unha fotografía, un dni, ...

A lexislación, do que trata en resumo, é de garantirlle a todo cidadán que pode protexer a súa intimidade e privacidade fronte a posibles vulneracións, así como a ser o dono dos datos cedidos a empresas ou terceiros.

A normativa indica que debemos dar un consentemento expreso, para que un terceiro poida tratar os nosos datos persoais. Este consentemento pode tomarse como válido se temos 14 anos ou máis. En caso contrario son os responsables da patria potestade do menor os que deben expresar este consentemento.

Para o tratamento dos datos persoais do alumnado nos centros educativos, enténdese que este consentemento está xustificado polo exercicio da docencia en base á matrícula efectuada no centro ou administración educativa (de todos modos deberíase informar destes aspectos no propio impreso ou formulario de matrícula).

Normativa de aplicación

A continuación expóñense un par de referencias normativas. Existe, non obstante, bastante xurisprudencia ao respecto, xa que se tratan de normas bastante recentes, están vinculadas co cambiante mundo das TIC e a súa problemática e casuística vai en aumento. Tamén temos máis normativa e xurisprudencia no tocante ao dereito á intimidade, o honor, ...

Recursos

Atribucións das imaxes empregadas:
Extraídas do portal tudecideseninternet, baixo licencia CC BY 4.0

3.1. Xeneralidades da lei

Como exemplos de datos de carácter persoal temos:

  • O nome e apelidos dun alumno/a ou dos titores
  • O domicilio do alumno/a ou dos titores
  • O correo electrónico do alumno/a ou dos titores
  • O dni do alumno/a ou dos titores
  • O número/s de teléfono do alumno/a ou dos titores
  • A matrícula do coche/moto dun alumno/a ou dos titores
  • Unha fotografía dun alumno/a
  • Un vídeo no que sae un alumno/a
  • Un arquivo de son cuxa dicción é a dun alumno/a

Por outra banda, ao falar de datos persoais debemos ter presente que non toda a información persoal vai a ter o mesmo nivel de protección, pois non toda a información é igual de relevante (polo prexuizo que a súa mala utilización poida chegar a causar). Debido a isto, a normativa de protección de datos, tanto nacional como comunitaria, distingue diferentes categorías de datos persoais e fai referencia ás “categorías especiais de datos”, tamén coñecidos como “datos especialmente protexidos” ou “datos sensibles” (arts. 9 RGPD e 9 LOPDGDD).

Os datos especialmente protexidos son:

  • os referentes a ideologías persoais ou políticas
  • os referentes á relixión ou creenzas
  • os referentes á afiliación sindical
  • os referentes á orixe racial ou étnica
  • os referentes á saúde (datos médicos, antecedentes, ...)
  • os referentes á vida sexual

A lei contempla que para tratar estes datos de carácter persoal debemos obter o consentimento expreso por parte da persoa afectada, indicando a finalidade e causa que o xustifiquen. Como xa expuxéramos no apartado anterior, no día a día do exercicio docente manipulamos moitos datos de carácter persoal coa finalidade última de impartir docencia de forma axeitada.

As usuarias e usuarios que efectúen o seu consentimento, en calquera momento poden efectuar as seguintes accións asociadas cos seus datos persoais cedidos:

  • dereito de acceso
  • dereito de rectificación, supresión ou oposición
  • limitación no tratamento
  • portabilidade
  • impugnación de valores
  • indemnización

Delegado de Protección de Datos (DPO)

A lei tamén marca que debe existir un delegado de protección de datos (DPO en inglés, Data Protection Officer) en cada centro educativo. É a persoa encargada de informar e asesorar ao noso centro educativo sobre as nosas obrigas legais en materia de protección de datos. Tamén se encarga de cooperar cos organismos de control (AEPD) actuando como punto de contacto. Este delegado pode ser persoal externo ao centro sendo recomendable que teña coñecementos amplos sobre a Normativa de protección de datos.

No caso dos centros educativos públicos o DPO asignado é o secretario xeral técnico da Consellería. Podemos consultar máis información na seguinte ligazón.

Os menores na lei

Ademais de existir varias leis que protexen especificamente a figura do menor, cabe destacar que a última revisión da normativa estatal de protección de datos fai referencia explícita á protección de datos dos menores, polo que se entende que é un colectivo especialmente vulnerable neste eido.

Como exemplos podemos nomear:

Atribucións das imaxes empregadas:
Extraídas do portal do Intef do proxecto aseguratic baixo licencia CC BY 3.0

3.2. Guía de boas prácticas na aplicación da protección de datos

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) publicou unha interesante Guía sectorial para centros educativos que tamén se pode consultar e descargar dende o portal temático Tu Decides en Internet, tamén pertencente á AEPD.

Esta guía é un resumo da Lei de Protección de Datos orientada á labor docente.

O libro é moi aproveitable en todos os ámbitos e moi sinxelo de ver. Non obstante hai dous aspectos que nos poden interesar en maior medida:

Preguntas frecuentes

Tamén temos ao noso dispor unha sección do portal Tu Decides en Internet que trata sobre pregutnas frecuentes no ámbito dos menores.

Por último, aínda que xa visto ao inicio da sección, dispomos tamén a través do portal Tu Decides en Internet unha canle xove na que informar, denunciar ou asesorarse na temática da publicación de contidos de menores na rede.

Atribucións das imaxes e documentos empregados:
Extraídas do portal tudecideseninternet, baixo licencia CC BY

3.3. Erros de vulto vencellados coa protección de datos

No exercicio da nosa actividade docente, se aplicamos unhas pautas de responsabilidade básicas, asociadas moitas delas ao sentido común, non deberiamos atoparmos con problemas asociados á protección de datos. Tamén en caso de termos un equivoco, ou mesmo unha mala praxe na maioría dos casos só se esixe a retirada da publicación que fagamos (se publicamos na rede algo que non deberíamos).

Expóñense aquí algunhas reflexións asociadas ao cumprimento da normativa:

  • Deber de segredo ou confidencialidade. No centro educativo debemos dispoñer e debatir cos distintos equipos docentes, con toda a información da que dispoñamos polo ben educativo do noso alumnado. Pero non debemos sacar do círculo profesional información relativa ao comportamento docente dos nosos alumnos e alumnas, e moito menos no caso de datos sensibles.
  • Non publicar imaxes, vídeos, diccións de alumnos/as, nas redes, en cartelería, en publicacións escolares, ... sen contar cunha autorización/consentemento expreso. No caso de que haxa certos alumnos ou alumnas (ou titores) que non prestasen consentimento deberanse aplicar as políticas adecuadas para que non se sintan discriminados nas diversas captacións de imaxes, participación, ...
  • Non comunicar datos de carácter persoal dun alumno/a a outros alumnos/as. Isto coñécese como cesión a terceiros e tamén debemos contar co expreso consentimento das persoas interesadas.
  • As captacións que fagamos e logo publiquemos deben amosar o contexto da actuación, tratando de NON darlle protagonismo a un alumno/menor en particular.
  • Os titores (nais, pais, ...) poden gravar as diversas actuacións que se levan a cabo no colexio (entroido, fin de curso, nadal, ...), pero non poden divulgalas fóra do seu ámbito doméstico a non ser que teñan o permiso expreso de cada unha das persoas que sae na captación (Ver máis)
  • Ao enviar o mesmo email a varios destinatarios empregar o campo BCC para que os destinatarios NON vexan os emails dos demais.
  • Non debemos deixar o noso ordenador sen bloquear estando nós ausentes.
  • Debemos empregar, sempre que sexa posible, ferramentas corporativas para efectuar a nosa labor docente, tratando de fuxir de aplicacións de interación alleas (whatsapp, telegram, edmodo, ...)
  • Hai certos aspectos que permiten "vulnerar a lei" cando exista unha lei de rango superior que dictamine que certa acción non sexa sancionable. No caso da docencia as normativas asociadas á patria potestade teñen un rango superior. Por exemplo: un alumno ou alumna de 16 anos non pode negarse a que lle deamos as súas cualificacións aos seus pais.

Atribucións das imaxes e documentos empregados:
Extraídas do portal de GuadalInfo, baixo licencia CC BY

4. Conclusións

Debemos concluír este módulo indicando a modo resumo algúns aspectos salientables:

  • Existe normativa ou artiluxios técnicos ao respecto dos dereitos da utilización de recursos electrónicos, tanto para cedelos como para empregalos
  • Debemos empregar sempre que sexa posible REAS, ou ben recoñecer o emprego de recursos electrónicos nos nosos traballos
  • Existe normativa asociada á protección de datos persoais, que son de aplicación máis sensible ao colectivo de menores.