|
Atópase en torno aos trópicos, xunto ás correntes mariñas frías ou en zonas continentais.
|

|
A súa temperatura media é elevada, superior aos 21ºC. Ten unha amplitude térmica maior có tropical (superior aos 10ºC). A outra característica distintiva deste clima é a súa gran oscilación térmica diaria: a alta insolación xunto a ausencia de humidade, fai que os días sexan moi calorosos e a noites frías.
As choivas son moi escasas, case anecdóticas, non superan os 250 mm ao ano. Cando chove, faino en forma de tormentas. Todo o resto do ano é árido.
|

|
Os desertos caracterízanse pola pouca vexetación: só se dan unhas poucas plantas capaces de resistir a sequidade (como por exemplo os cactos). Nos oasis (ver imaxe) e nos uadis é onde se acumula máis vexetación.
|
|
Evidentemente non hai ríos, senón uadis que son as canles secas por onde corre a auga cando hai unha tormenta. Outra formación acuífera típica dos desertos que se forman con mananciais de augas subterráneas, son os oasis.
|
|
|
Son lugares moi pouco poboados.Atopamos poboación nos oasis ou en grupos de pastores nómades que percorren os límites dos desertos con rabaños de cabras e os seus camelos.
|
|