U. D. 5: A ÉPOCA DE ENTREGUERRAS

2. A Revolución rusa de 1917

 Fotograma do film Outubro (Eisenstein, 1927)Recreación da toma do pazo de inverno en San Petersburgo en novembro de 1917. Fotograma do film de S. Eisenstein Outubro (1927)

A Revolución de 1917 foi un dos acontecementos clave da historia do século XX. No contexto da enorme tensión da Gran Guerra, as contradicións políticas, sociais e económicas da Rusia tsarista, un Estado autocrático propio do Antigo Réxime, desembocaron no triunfo da primeira revolución comunista da historia, dirixida por Lenin e continuada trala súa morte por Stalin.


NOTA INVESTIGA

  • Investiga por que se indica no pé da fotografía que a Revolución de Outubro de 1917 tivo lugar en novembro.