|
A superficie terrestre é tridimensional mentres que o papel ou a pantalla onde temos o mapa é bidimensional ou plana. Os cartógrafos teñen, pois, que afrontar o reto de representar nun plano unha realidade complexa con tres dimensións. Para logralo empregan varios recursos:
a.- As curvas de nivel: liñas que unen puntos coa mesma altitude.
b.- As cores, empregando unhas cores diferentes para as distintas altitudes.
c.- Os dous recursos anteriores á vez.
Pulsa sobre o icono para acceder a unha animación sobre o mapa topográfico.
|
|