APUNTAMENTOS

6. AS MIGRACIÓNS EXTERIORES

6.3. A INIMIGRACIÓN ESTRANXEIRA EN ESPAÑA

En relación cos inmigrantes que veñen a España dende outras partes do mundo, tomando como referencia datos do 2021, por continentes podemos sinalar que América atopábase no primeiro lugar do ranking, pero se atendemos á procedencia por país, destacaría con diferenza Marrocos. Seguíalle en importancia Romanía (a súa colonia foi durante varios anos a máis numerosa) e, a continuación, países de Suramérica como Colombia, Ecuador, Venezuela e Arxentina (segundo datos do INE, en 2022 o número de persoas estranxeiras procedentes de Colombia superou ao de Romanía).

Con respecto á Unión Europea (UE), en España hai uns 1,5 millóns de residentes. Ademais da procedencia maioritaria de romanos, cabe destacar aquelas persoas que proveñen de Francia, Alemaña, Italia e Bulgaria.

Por outra banda, o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, a pesar de non formar parte da UE, aínda supón unha das principais colonias de estranxeiros en España.