APUNTAMENTOS

6. AS MIGRACIÓNS EXTERIORES


As migracións exteriores fan referencia a aqueles movementos migratorios nos que se superan os límites dun territorio ou dun país, e constitúen un fenómeno de gran repercusión na historia de España (tanto polo número de persoas implicadas nestes movementos como polo cambio sociodemográfico acontecido).

España sempre foi un lugar de paso, saída e establecemento de grupos humanos debido á súa situación xeográfica estratéxica, pois supuxo unha vía de contacto entre Europa e África, así como entre Europa e América (principalmente Latinoamérica).

Por outro lado, nun mundo globalizado, as migracións representan un vector de transformación socioeconómica e das relacións entre os Estados.

Ao longo da historia, obsérvanse cambios tanto na dirección como na intensidade dos fluxos migratorios. Nos seguintes apartados veremos cifras actuais deste fenómeno a nivel mundial e coñeceremos a evolución en España ao longo do tempo, entre outros aspectos.