APUNTAMENTOS

3. ESTRUTURA DEMOGRÁFICA

3.1. PIRÁMIDES DE POBOACIÓN

A forma de representar a estrutura por idades é a pirámide de poboación, onde os grupos de idade máis novos están na base e os grupos de idade maiores están no vértice. Este gráfico tamén diferencia a poboación segundo o sexo.

As pirámides de poboación non fan máis que reflectir a relación entre poboación nova, adulta e anciá.

Pirámide de Poboación de España

Segundo podemos observar na imaxe, a pirámide de poboación en España está en evolución. Así, a parte ancha (aquela que corresponde cos nados durante o baby boom) formaba parte da poboación nova en 1995. Actualmente, é poboación adulta, mentres que en 2050 será poboación anciá. Na actualidade aínda hai máis nenos que anciáns, pero nas próximas décadas os grupos de idade maioritarios serán os de máis de 65 anos. O envellecemento da poboación española é imparable, o que terá numerosas consecuencias económicas e sociais no futuro.

No seguinte mapa podemos ver as pirámides demográficas por provincias, referidas ao ano 2019



REFLEXIONA E INVESTIGA:
_Por que son tan diferentes as pirámides de poboación de España de 1900 e de 2015?

_Busca información sobre os réximes demográficos e fai un esquema sobre eles nos que aparezan os seus trazos principais, incluíndo a cronoloxía