APUNTAMENTOS

3. ESTRUTURA DEMOGRÁFICA

En relación coa idade, como é a poboación española?

A poboación está a envellecer progresivamente, e isto depende fundamentalmente da redución progresiva das taxas de natalidade. A relación entre natalidade e mortalidade condiciona a estrutura demográfica dun territorio.

Índice de envellecemento

O índice de envellecemento mostra a relación existente entre anciáns e nenos. Hai provincias en España, especialmente en Galicia, Asturias e Castela e León, onde o número de anciáns triplica ou case triplica ao de nenos. Pola contra, hai provincias cunha estrutura demográfica máis nova, como as provincias do litoral en Andalucía, a Rexión de Murcia, Canarias e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, por exemplo.

Mozos (<15 anos) e maiores (>65 anos)

As porcentaxes de poboación menor de 15 anos e de poboación maior de 65 anos, respecto ao total, permiten entender mellor a estrutura da poboación por idades, a súa natalidade e mortalidade, así como os procesos de rexuvenecemento ou envellecemento.

Os seguintes mapas representan o índice de infancia (poboación menor de 15 anos por cada 100 habitantes) e o índice de vellez (poboación maior de 65 anos por cada 100 habitantes) Preme sobre cada un para acceder ás súas posibilidades interactivas:




Ambos mapas son complementarios e mostran que as provincias cunha alta porcentaxe de poboación nova son aquelas que teñen unha baixa porcentaxe de poboación anciá, por exemplo, as do litoral mediterráneo ou Guadalajara, pola súa proximidade a Madrid. E viceversa, as provincias moi envellecidas son aquelas que se caracterizan por baixos porcentaxes de poboación infantil e unha alta porcentaxe de poboación anciá. Estas localízanse no interior peninsular, especialmente no noroeste.


INVESTIGA
Observando os mapas de porcentaxe de poboación menor de 15 anos e de poboación maior de 65 anos por cada 100 habitantes, mostrados neste epígrafe, identificamos a provincia onde residimos. Que porcentaxe de poboación nova e anciá presenta? Trátase dunha provincia nova ou envellecida? A que se debe esta situación? Razonamos a resposta.