APUNTAMENTOS

2. DINÁMICA DEMOGRÁFICA

2.1. POBOACIÓN ABSOLUTA E RELATIVA

A diferenza conceptual entre poboación absoluta e relativa é que a primeira conta todos os habitantes dun territorio e a segunda póñaos en relación coa superficie. Á poboación relativa tamén se lle chama densidade de poboación e calcúlase dividindo o número de persoas entre os quilómetros cadrados do territorio de referencia.

A nivel municipal, as cidades son os espazos máis densos. Nas grandes cidades españolas viven máis de 5000 habitantes por quilómetro cadrado, fronte aos municipios rurais escasamente habitados, con densidades inferiores a 30 habitantes por quilómetro cadrado.

O seguinte mapa amosa a densidade de poboaciónen España por municipios


Dado que o tamaño das provincias en España é relativamente similar, pero non o volume de poboación, resulta que as dúas provincias máis densamente poboadas son Madrid e Barcelona, con máis de 700 habitantes por quilómetro cadrado. No extremo oposto, as provincias menos poboadas, como Teruel e Soria, son tamén as menos densas: menos de 10 habitantes por quilómetro cadrado.


Comunidades autónomas uniprovinciais como Madrid ou aquelas de pequeno tamaño como o País Vasco son as que teñen maior densidade de poboación (ademais das cidades autónomas de Ceuta e Melilla). O resto das comunidades autónomas do interior (Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura e Castela e León) caracterízanse pola súa debilidade demográfica, xa que a densidade media de todo este amplo espazo é inferior a 30 habitantes por quilómetro cadrado.

O seguinte mapa amosa a densidade de poboación por CCAA



INVESTIGA:
_
Emprega as fichas municipais do IGE para coñecer a poboación, superficie e densidade do Concello no que resides.