Tema 11: O mundo clásico II - Roma
4. A cultura romana
4.1. A arte
A arte romana foi moi rica, alcanzando unha ampla difusión ao estenderse por todos os recunchos do Imperio. Das distintas artes, a que alcanzou máis importancia con diferenza foi a arquitectura. A ARQUITECTURAAs súas funcións eran diversas:
CARACTERÍSTICAS XERAISOs romanos mesturaron elementos arquitectónicos gregos con técnicas etruscas, como o arco, a bóveda e a cúpula que lles permitiu cubrir espazos maiores.Empregaron o ladrillo cocido xunto con morteiro (mestura de area e cal con auga) o que conferiu unha grande solidez ás construcións. Decoraban os muros con pinturas ou mármores e cubrían os chans con mosaicos elaborados con pequenas pezas de cores chamadas teselas. PRINCIPAIS CONSTRUCIÓNS(ver o seguinte apartado de urbanismo) OUTRAS ARTES
A ESCULTURAAo igual que noutras facetas da cultura romana, estivo moi influenciada pola grega. É máis, moitas das esculturas gregas que coñecemos chegaron ata nós polas súas copias romanas, non as orixinais. Un exemplo é o famoso "Discóbolo de Mirón".A innovación da escultura romana foi o retrato, tanto en bustos como en estatuas ecuestres, así como os relevos conmemorativos que evocaban as xestas dos emperadores. O material empregado foi a mármore e o bronce. A PINTURATiña unha función decorativa e unha representación realista.Usaban a técnica do fresco e protexíana cunha capa de cera que avivaba as cores. |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |




